Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5336

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 16 de xaneiro de 2015 pola que se inicia o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo procedente da Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) integrado no Instituto de Estudos do Territorio.

O artigo 31 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, habilitou a creación do Instituto de Estudos do Territorio coa natureza, fins e medios que se establezan na súa lei reguladora. Consecuencia do mandato legal citado creouse, a través da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, o dito instituto.

Mediante o Decreto 244/2011, do 29 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, configúrase este como un organismo autónomo dos regulados na sección 2ª do capítulo II do título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Así mesmo, o devandito decreto desenvolve o artigo 16.1 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, relativo ao persoal que preste servizos para a Subdirección do Sistema de información territorial de Galicia que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos no dito precepto, terá dereito a integrarse e pasar a prestar servizos no Instituto de Estudos do Territorio.

Con esta finalidade, o decreto configura un procedemento de integración do persoal procedente da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (en diante Sodeco) como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia baseado en tres momentos diferenciados.

Así, nun primeiro momento en aplicación da disposición adicional quinta do Decreto 244/2011, por resolución conxunta dos conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural concretáronse os postos de traballo procedentes de Sodeco que se adscribirían ao IET ou a Agader. En virtude desta disposición, con data do 2 de xaneiro de 2012, mediante resolución conxunta dos conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural, pasaron ao IET determinados postos de persoal laboral.

Nun segundo momento, en aplicación da disposición adicional sexta do Decreto 244/2011, outórgaselle ao persoal laboral fixo de Sodeco, que cumpre os requisitos previstos no artigo 16 da Lei 15/2010, do 28 de decembro, a opción de integrarse no IET ou en Agader, segundo a distribución establecida na referida resolución conxunta. En virtude deste mandato, nos meses de abril e agosto do ano 2012, o IET ofreceulle a integración ao persoal laboral procedente de Sodeco.

Respecto ao terceiro momento, a disposición adicional novena do Decreto 244/2011 prevé que o persoal laboral fixo de Sodeco, que cumpre os requisitos previstos na Lei 15/2010, se adscriba ao IET ou a Agader, poderá ser integrado como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

En desenvolvemento da disposición adicional décimo primeira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ditouse o Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, norma que vén establecer as bases as que se suxeitarán os procedementos de integración voluntaria do persoal das entidades afectadas polo seu ámbito de aplicación e establecer os efectos da citada integración.

O artigo 6.b) do dito decreto establece o seguinte: «Se as entidades que se adaptan contan con persoal laboral fixo non incluído no ámbito de aplicación do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, iniciarase o procedemento regulado no título II deste decreto co obxecto de integrar, como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, o persoal que reúna os requisitos establecidos no artigo 9.1».

Así, recibida a solicitude de iniciación do procedemento de integración mediante escrito do secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 3 de outubro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 8.2 do Decreto 129/2012, procede tramitar a presente orde.

Por todo iso, en virtude das competencias conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, e logo de negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. A presente orde ten por obxecto iniciar e regular o procedemento de integración, como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) integrado no Instituto de Estudos do Territorio, que cumpra os requisitos establecidos na normativa vixente para que esta se poida producir.

2. O procedemento de integración rexerase polo previsto nesta orde, así como polo establecido no Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción.

3. Poderá exercer a opción para se integrar como persoal laboral da Xunta de Galicia o persoal laboral procedente de Sodeco integrado no Instituto de Estudos do Territorio, sempre que reúna os seguintes requisitos:

a) Ter sido contratado como laboral fixo en Sodeco e cumprir os demais requisitos previstos no artigo 9.1.a) do Decreto 129/2012, do 31 de maio.

b) Ter a titulación establecida no anexo I e cumprir os demais requisitos exixidos para o acceso ao grupo e á categoría de homologación do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de funcionarios, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaba, no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado.

No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e) Estar en situación de servizo activo ou en situación que orixine dereito á reserva de praza ou posto.

4. Non poderá exercer a opción para se integrar como persoal laboral da Xunta de Galicia, o persoal que estivese vinculado a Sodeco por un contrato de alta dirección ou mediante unha relación laboral de carácter temporal ou indefinida non fixa. Igualmente, tampouco poderá exercer o dereito de opción o persoal de carácter eventual ou alto cargo que non teña a condición de persoal laboral fixo dela.

Artigo 2. Exercicio do dereito de opción

1. O exercicio da opción para se integrar deberá realizarse con carácter individual dentro do prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de instancia que se xunta no anexo II.

2. A solicitude dirixirase á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e poderá ser presentada en calquera dos lugares e formas establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación:

a) Copia do documento nacional de identidade no suposto de non prestar o seu consentimento para a consulta dos seus datos de identidade recollido no anexo II.

b) Copia do contrato de traballo que acredite a condición de persoal fixo orixinario en Sodeco.

c) Copia da documentación que acredite o cumprimento dos requisitos previstos no artigo 9.1.a) do Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción.

d) Copia da titulación académica exixida para o acceso ao grupo e categoría na entidade instrumental de orixe.

e) Certificado da vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

f) No suposto de non estar en servizo activo copia da resolución que dea lugar á reserva da praza e posto.

g) Certificado expedido polo Instituto de Estudos do Territorio das retribucións percibidas no último ano por conceptos e mensualidades.

Artigo 3. Resolución

1. Examinadas as solicitudes, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas requirirá, se é o caso, as persoas interesadas para que, no prazo de dez días hábiles, presenten ou completen a documentación que considere necesaria para os efectos de continuar a tramitación do procedemento. De non achegar a documentación solicitada no prazo establecido, entenderase que desisten da súa solicitude e procederase á resolución de arquivo correspondente, de conformidade co artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Recibidas todas as solicitudes e a documentación correspondente, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, remitirá á Dirección Xeral da Función Pública unha proposta que conterá:

• A relación do persoal que a Secretaría Xeral Técnica considere que reúne os requisitos para se integrar como persoal laboral da Xunta de Galicia con indicación do grupo e categoría profesional de homologación co V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, posto de traballo e o carácter da adscrición a este.

• A relación do persoal que aquela considere que non reúne os requisitos para se integrar como persoal laboral da Xunta de Galicia.

Xunto coa dita proposta achegaranse todos os expedientes.

3. Recibida a documentación indicada con anterioridade, a Dirección Xeral da Función Pública, recadará informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

4. Créase unha comisión formada por representantes das direccións xerais de Planificación e Orzamentos; da Función Pública; de Avaliación e Reforma Administrativa, e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e unha persoa proposta por cada unha das organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados Públicos da Xunta de Galicia, cuxo cometido será realizar un informe sobre o cumprimento ou non dos requisitos das persoas interesadas para se integrar como persoal laboral da Xunta de Galicia, o grupo e categoría profesional en que se produciría aquela, o posto de traballo en que se integra e o carácter da adscrición a este. Este informe remitirase á Dirección Xeral da Función Pública.

5. Unha vez examinada toda a documentación sinalada nos parágrafos anteriores, a Dirección Xeral da Función Pública, á vista dos antecedentes que figuran no expediente, realizará a proposta sobre as persoas interesadas que reúnen os requisitos para a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia e das persoas interesadas que non reúnen os ditos requisitos, á persoa titular da Consellería de Facenda para que mediante orde resolva o que proceda.

6. O transcurso do prazo de tres meses desde o vencemento do prazo de presentación das solicitudes sen se ter ditado a resolución correspondente habilitará os interesados para entenderen desestimadas as súas solicitudes.

Artigo 4. Efectos da integración

1. A resolución de integración determinará o grupo e categoría profesional do convenio colectivo único da Xunta de Galicia en que se integra o persoal interesado, o posto en que se integra e o carácter da súa adscrición.

2. A integración suporá a novación da relación contractual e comportará a formalización dun contrato de traballo como persoal laboral fixo da Administración xeral da Xunta de Galicia.

3. Ao persoal integrado aplicaráselle, para todos os efectos, o réxime económico e xurídico do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, sen que en ningún caso orixine dereito a ningunha indemnización.

4. Ao persoal que, como consecuencia da integración, experimente unha diminución en cómputo anual das retribucións fixas e periódicas, recoñeceráselle un complemento persoal de integración, de carácter transitorio, consistente na diferenza de retribucións, nos termos do establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 129/2012, do 31 de maio, de xeito, que a equiparación total se producirá no prazo máximo de seis anos desde a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia.

5. Ao persoal laboral integrado faráselle, de acordo co previsto no artigo 12.5 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, un recoñecemento de servizos para o cálculo da antigüidade para efectos de trienios, para adecuar a súa antigüidade en termos de homoxeneidade coa prevista no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

6. Procederá a extensión da correspondente dilixencia de integración por parte da consellería en que sexa destinado o persoal integrado.

Artigo 5. Efectos da non integración

O persoal laboral fixo de Sodeco integrado no Instituto de Estudos do Territorio que non solicite a súa integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia ou, unha vez solicitada, renuncie voluntariamente a esta, así como os solicitantes que non cumpran os requisitos para que aquela se produza, poderá manter as súas condicións laborais, sen prexuízo do disposto na disposición adicional terceira do Decreto 129/2012 e do disposto no ordenamento laboral.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I-A
Táboa homologacións categorías profesionais

TITULACIÓN REQUIRIDA ENTE

GRUPO E CATEGORÍA PROFESIONAL DE HOMOLOGACIÓN
DO V CONVENIO COLECTIVO

TITULADO SUPERIOR

TITULADO MEDIO

BACHARELATO

GRUPO I – CATEGORÍA 04, 019

GRUPO II – CATEGORÍA 07

GRUPO III – CATEGORÍA 02, 06, 030, 069

Nota: os grupos e categorías profesionais que se recollen no anexo I da presente orde teñen por finalidade dar cumprimento ao disposto no artigo 8.3 do Decreto 129/2012, e establécense sen prexuízo do grupo e categoría profesional no que definitivamente se integre, de ser o caso, na Administración da Xunta de Galicia o persoal incluído no ámbito de aplicación da presente orde.

ANEXO I-B
Postos que se van adxudicar

GRUPO/CATEGORÍA PROFESIONAL

CÓDIGO DO POSTO DE TRABALLO

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.100

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.101

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.102

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.103

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.104

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.105

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.106

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.107

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.108

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.109

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.110

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.111

TITULADO/A SUPERIOR

MA.031.00.000.15770.112

TITULADO/A SUPERIOR ESPECIALISTA

MA.031.00.000.15770.120

TITULADO/A SUPERIOR ESPECIALISTA

MA.031.00.000.15770.121

TITULADO/A GRAO MEDIO

MA.031.00.000.15770.130

TITULADO/A GRAO MEDIO

MA.031.00.000.15770.131

TITULADO/A GRAO MEDIO

MA.031.00.000.15770.132

TITULADO/A GRAO MEDIO

MA.031.00.000.15770.133

ADMINISTRATIVO/A

MA.031.00.000.15770.145

ENCARGADO/A DE TRABALLOS

MA.031.00.000.15770.150

PROGRAMADOR/A

MA.031.00.000.15770.153

OFICIAL/A DE SERVIZOS TÉCNICOS

MA.031.00.000.15770.155

OFICIAL/A DE SERVIZOS TÉCNICOS

MA.031.00.000.15770.156

OFICIAL/A DE SERVIZOS TÉCNICOS

MA.031.00.000.15770.157

ANEXO II
Solicitude de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia do persoal laboral de Sodeco integrado no Instituto de Estudos do Territorio

DATOS PERSOAIS

Apelidos e nome:

NIF:

Enderezo:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

DATOS PROFESIONAIS

Categoría profesional a que pertence:

En situación de:

Activo Excedencia Tipo de excedencia ………………………………………………

□ □ Data da resolución ……………………………………………….

Outras situacións de suspensión do contrato de traballo ……………………………………………....

Data da resolución ………………………………………..

GRUPO E CATEGORÍA DE INTEGRACIÓN

Grupo e categoría de integración (segundo anexo I):

Autorizo a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a consulta dos meus datos de identidade a través do Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e AA.PP.

□ Si □ No

O/a solicitante que abaixo asina manifesta que son certos os datos que se fan constar nesta solicitude de integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia na CATEGORÍA DE …………………….…

………………………., ……..de………………………….. de …………………………

Sinatura:

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRIT. E INFRAESTRUTURAS

SELO:

DILIXENCIA: para facer constar que son certos os datos que o solicitante expón nesta solicitude.

Data

Sinatura do/da xefe/a do Servizo de Persoal