De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución ditada pola directora da Axencia Turismo de Galicia no procedemento de baixa de oficio na clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2015
P.S. (Resolución 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística
ANEXO
Establecemento: Casa de Aldea Casa Amadora.
Titular: José Ramón Vizcaíno García.
NIF: 78787904R.
Dirección: lugar de Bragaña, s/n.
Concello: Toques.
Establecemento: Restaurante Amadora.
Titular: José Ramón Vizcaíno García.
NIF: 78787904R.
Dirección: lugar de Bragaña, s/n.
Concello: Toques.
