A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, acordou, o día 9 de decembro de 2014, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia de Areacova, Aldán, termo municipal de Cangas (Pontevedra).
Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Sara Juncal Calleja y Diego Ruiz Macey, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
