Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5864

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A finais do ano 2011 as confrarías do Carril e Rianxo presentaron os anexos I e II do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e un plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na bacía do río Ulla para o ano 2012.

Segundo. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ditou a Resolución do 20 de febreiro de 2012, pola que se aprobou o Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2012.

Terceiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra ditou a Resolución do 7 de marzo de 2013, pola que se aprobou a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o año 2013.

Cuarto. A Xefatura Territorial de Pontevedra ditou Resolución do 3 de febreiro de 2014 pola que se aprobou a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o año 2014.

Quinto. Con datas 31 de outubro e 2 de decembro de 2014, as confrarías do Carril e Rianxo solicitaron, respectivamente, a renovación do Plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2015, e achegaron a relación de embarcacións que desexan participar nel. Con data do 9 de xaneiro, a Confraría do Carril solicitou a modificación da relación de embarcacións. Con data do 14 de xaneiro, a Confraría de Rianxo solicitou a modificación da relación de embarcacións.

Sexto. Durante a tramitación do expediente de renovación solicitouse informe á Consellería do Medio Rural e do Mar, quen, a través do seu Servizo de Planificación da Subdirección de Investigación e Apoio Cientifico-Técnico, informou favorablemente sobre a renovación do Plan de aproveitamento.

Sétimo. A Área de Espazos Naturais Protexidos emitiu informe favorable de viabilidade sobre a proposta do Plan, por quedar parcialmente a zona de actividade dentro do espazo natural protexido Sistema fluvial Ulla-Deza.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A normativa de aplicación para a resolución deste procedemento vén determinada polo Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, así como pola Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, e polo Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio.

Segundo. O artigo 9 do Decreto 130/2011, do 9 xuño, dispón que se poderán renovar os plans de aproveitamento específico de anguía por períodos dun ano, sempre que se cumpran as condicións e informes previstos nos puntos 2 e 3 do dito artigo.

Terceiro. O xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é competente para resolver o expediente, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, e o Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, modificado polo Decreto 115/2014, do 11 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Resolución:

Visto o exposto nos antecedentes e fundamentos, acórdase a aprobación de renovación do Plan específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2015, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro).

Pontevedra, 3 de febreiro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura
do río Ulla para o ano 2015

a) Artes de pesca.

Nasa-voitirón.

As caceas deberán situarse en dirección paralela á corrente e non se poden cruzar nin na canle nin no esteiro.

As artes de pesca de cada cacea deberán estar unidas por unha corda e levar en cada extremo unha boia, dun tamaño mínimo de 20 cm. Na de dimensións menores indicarase o folio da embarcación que opera con ela.

Programarase o tendido das artes de xeito que sempre quede libre un largo do río suficiente para o normal movemento das especies piscícolas migratorias.

O tamaño da malla non será inferior a 14 mm, medidos en diagonal e mollada.

b) Zonas dentro da bacía fluvial e períodos de pesca.

Zonas de pesca:

As zonas de pesca reflíctense no plano que se xunta como anexo C.

– Zona A (ou alta): tramo do río Ulla comprendido entre a ponte de Catoira, como límite superior, e a liña recta imaxinaria que une punta Palleiro con punta Grandoiro, como límite inferior.

– Zona B (ou media): tramo do río Ulla comprendido entre a liña recta imaxinaria que une punta Palleiro con punta Grandoiro, como límite superior e, como límite inferior, a liña imaxinaria que une Praia Longa con punta Seveira.

– Zona C (ou baixa): tramo do río Ulla comprendido entre a liña imaxinaria que une Praia Longa con punta Seveira, como límite superior e, como límite inferior, a liña imaxinaria que une punta Seveira con punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando a Illa de Cortegada, ata o faro do dique do Carril, excluída a illa de Cortegada, como límite inferior.

Vedado:

A zona denominada O Cebal, cuxos límites se determinan no seguinte parágrafo, permanecerá vedada para todo tipo de capturas con nasa-voitirón, desde o 15 de xullo ao 15 de setembro.

Os límites xeográficos a que atinxe esta veda temporal reflíctense no plano de zonificación que se xunta como anexo C e son os seguintes:

a) Liña imaxinaria que une o lugar de Bamio (San Xens ou rampla do cemiterio) con punta Corveiro na illa de Cortegada.

b) Liña de costa da illa de Cortegada que une punta Corveiro con punta do Vao.

c) Liña imaxinaria que une punta do Vao coa zona superior dos viveiros do Carril.

Período de pesca:

Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de outubro de 2015 nas tres zonas A, B e C.

c) Número previsto de días de actividade.

Os labores de pesca suspenderanse desde as 12.00 horas dos sábados ata as 12.00 horas dos luns, con carácter xeral.

Entre 20-23 días ao mes, cun máximo de 197 días por temporada.

d) Horas de pesca diarias.

As nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente.

Deberanse baleirar as nasas o mais rápido posible para evitar a morte das capturas accidentais. Queda prohibido ter máis dunha cacea sen baleirar na cuberta da embarcación.

e) Número de aparellos ou artes de pesca por persoa e xornada de pesca.

O número de artes de pesca que se empreguen en cada unha das zonas descritas na letra b) non poderá ser superior a dez (10) nasa-voitirón por tripulante, cun máximo absoluto de 80 por embarcación nas tres zonas e por xornada de pesca. Non se poderá acumular o número asignado nunha zona á outra.

De conformidade co anterior, e con base no establecido no plan de xestión da anguía en Galicia, ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas-voitirón ao día independentemente da zona de pesca.

f) Cotas de captura diarias ou por temporada de pesca.

Mantense a cota total autorizada da última tempada para toda a frota, fixada nun máximo de 5.176 quilos por tempada para todas as embarcacións.

A dimensión mínima das anguías capturadas será de 20 cm.

Devolverase ao río calquera outra especie que entre nas nasas.

Só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada «anguía amarela» e deberanse devolver á auga, inmediatamente despois da súa captura, todos os exemplares con signos externos propios da fase denominada «anguía prateada».

g) Relación de membros da asociación participantes no plan.

Os que figuran no anexo A que se xunta.

h) Relación de embarcacións e número de tripulantes autorizados.

Mantense o criterio do pasado ano de limitar a un máximo de tres o número de tripulantes por embarcación.

Autorízanse para traballar as embarcacións coas súas tripulacións que se relacionan no anexo A. En total, autorízanse 18 embarcacións e 37 tripulantes, co que non se aumenta o esforzo pesqueiro adoptado no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla, que establecía o mesmo número de tripulantes.

i) Sistema de rexistro das capturas e de remisión de datos ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza

Con periodicidade mensual, as confrarías deberán remitir os datos de extracción por especie e por días traballados, utilizando como modelo o que se xunta como anexo B, ao Servizo de Conservación da Natureza, vía fax (886 20 66 10) ou por correo electrónico ao enderezo caza.pesca.po@xunta.es.

Deberá indicarse no anexo B a procedencia das anguías capturadas, desagregando as capturas realizadas na zona marítima (M) dentro do Plan de pesca de anguía da Secretaría Xeral do Mar, das capturas obtidas na zona fluvial (F), reguladas polo Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. A non inclusión de datos dalgunha das embarcacións no período estipulado terá como consecuencia a súa baixa do plan.

j) Mostraxes.

Durante o período de vixencia do Plan, o persoal das consellerías competentes en materia de pesca marítima ou fluvial poderá realizar, en calquera das embarcacións autorizadas, mostraxes para o control, seguimento e avaliación do plan. Os armadores deben colaborar de xeito que se permita acadar os obxectivos propostos. A falta de colaboración neste eido ocasionará a baixa definitiva no plan.

k) Sistema de comercialización das capturas e o seu control.

A comercialización farase exclusivamente nas lonxas do Carril e de Rianxo, coa obriga de entregar nelas a totalidade das capturas.

Cada mes, xunto cos partes de capturas e xornadas traballadas, remitiranse ao Servizo de Conservación da Natureza os xustificantes de venda en lonxa de todas as embarcacións.

l) Esta resolución queda condicionada ao estrito cumprimento da normativa vixente en materia de extracción e comercialización de produtos da pesca fresca, en particular, o regulado na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe de especies eurihalinas de interese comercial (DOG núm. 69, do 9 de abril).

Anexo A
Relación de embarcacións e membros participantes
no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2015

Nome da embarcación

Matrícula

Membros participantes no plan

Curota

VILL-3-4-02

Manuel Vidal Alcalde

Manuel Vidal Galbán

Paraná

VILL-3-12-96

José Luis Silva Conde

Peruco

VILL-3-9-98

Juan B. Vicente Romero

Juan Francisco Vicente Patiño

Conde I

VILL-3-9902

José Ángel Somoza Eiras

Serafín Rubio Collazo

Espada

VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Paula Comojo Moares

Somos Dos

VILL-3-9651

Eloy Vidal Galbán

María Vanesa Pérez Abuín

Xoana

VILL-3-13-92

Manuel Tembra Vilanova

Juan Diego Tembra Domínguez

Ángeles

VIll-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Auxiliar Pesado

VILL-3ª-8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

Camba

VILL-3ª-9.952

Cándido Vidal Buceta

Francisco Buceta Cascallar

Eu

VILL-3ª-10.223

Ramón Barreiro Blanco

María Manuela Outeiral Fandiño

Juan Francisco García Cameán

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

María del Carmen

VILL-3ª-2.652

Francisco Barreiro Portas

Porto

VIILL-3ª-10.131

Alfonso Barreiro Ferreirós

Nena Cuarta

VILL-3ª-9.756

José Agrasar de Villanueva

Ramón Agrasar de Villanueva

Tilocha

VILL-3ª-9.440

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

Tami Uno

VILL-3ª–3-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

María Begoña Gerpe Jamardo

missing image file

ANEXO C
Plano de zonificación

missing image file