Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5850

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 17/2015, do 29 de xaneiro, polo que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais. Todos eles serán nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

O artigo 10 do Regulamento, no seu número 8, sinala que os vogais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias, das administracións locais e do persoal representante do ente público, agás as causas de cesamento que nel se consignan, desempeñarán o seu cargo durante catro anos. Así mesmo, o citado artigo 10 dispón no seu número 10 que os vogais representantes das administracións locais e dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelixidos unha soa vez ao finalizaren o seu mandato.

Considerando que parte dos vogais do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia esgotaron o seu mandato, e que respecto doutros se remitiron propostas das entidades correspondentes, é preciso, pois, proceder á renovación dun vogal representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de varios vogais representantes dos sectores económicos relacionados coas actividades portuarias. Polo tanto, recibidas as propostas correspondentes dos organismos, entidades e órganos, na súa virtude, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1

O nomeamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de

– Helena de Lucas de Santos.

Artigo 2

O nomeamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das cámaras de comercio, industria e navegación da provincia de Pontevedra e polo tempo que reste para completar o mandato de quen causou a vacante, de

– Eduardo Barros Pereira.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xaneiro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar