Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2015 Páx. 5852

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 26 de xaneiro de 2015 pola que se clasifica de interese sanitario a Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo, con domicilio na rúa Ramón y Cajal, número 2, en Lugo.

Feitos.

1. Alejandro López Quiroga, presidente do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo o 25 de setembro de 2014, ante a notaria Natalia Nieto Alba, co número de protocolo 1.443, polo Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, representado por Alejandro López Quiroga.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto conseguir o dereito universal á saúde oral mediante a promoción e o desenvolvemento de programas preventivos, formativos e/ou asistenciais na área da saúde oral.

4. O padroado inicial da fundación está formado por Alejandro López Quiroga como presidente; Manuel Menéndez Mato como vicepresidente; José Otero Sanfeliú como secretario, Eduardo José Bena de Rette Armeri como tesoureiro; e María Aparecida Queiroz Ocampo, Vanessa Quiñones Castro e María Dolores García González como vogais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese sanitario da Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de secretarios xerais, procede a súa clasificación como de interese sanitario e a súa adscrición á Consellería de Sanidade.

Consideracións legais.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, corresponde á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 19 de xaneiro de 2015,

DISPOÑO:

Clasificar de interese sanitario a Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Sanidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente e con carácter potestativo poderase interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza