1. O Concello de Barro achega a modificación puntual número 2 do PXOM, en solicitude de aprobación definitiva, conforme o previsto nos artigos 85.7, 94 e 95 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
2. O Concello de Barro dispón dun PXOM aprobado definitivamente o 23 de maio de 2003.
3. Consta documento de referencia da modificación puntual emitido pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 29 de xaneiro de 2010.
4. A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno en sesión do 15 de decembro de 2011. Someteuse a información pública polo prazo de dous meses, con anuncios nos xornais Diario de Pontevedra do 22 de decembro e Faro de Vigo do 27 de decembro; e no DOG nº 5, do 9 de xaneiro de 2012. Deuse audiencia aos concellos limítrofes.
5. Constan informes municipais respecto da legalidade e calidade técnica da ordenación proposta: técnicos de datas 31.5.2010, 12.7.2010, 17.6.2014; e xurídicos de datas 31.5.2010, 12.7.2010, 12.6.2014.
6. Consta a emisión dos seguintes informes sectoriais:
– Ministerio de Fomento, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, do 27 de febreiro de 2012.
– Consellería do Medio Rural, Dirección Xeral de Montes, informe do 24 de xaneiro de 2012, que sinala o solapamento do ámbito 2 da MP cos montes veciñais en man común de Perdecanai.
– Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, do 24 de xaneiro de 2012, que indica que no proxecto non se observan implicacións para a saúde, pero non se pode valorar o cumprimento dos criterios de suficiencia do abastecemento de auga.
– Augas de Galicia, do 1 de marzo de 2012.
– Consellería de Economía e Industria do 6 de xuño de 2012, que enumera os dereitos mineiros que poden resultar afectados.
– Dirección Xeral de Conservación da Natureza, do 26 de novembro de 2012.
– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 31 de xaneiro de 2014, favorable, condicionado a introducir medidas protectoras.
– Consellería do Medio Rural, Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, do 28 de outubro de 2014, no cal se indica que a zona non presenta ningún interese forestal nin valores naturais significativos.
– Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do 5 de novembro de 2014.
– Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Aviación Civil do 28 de novembro de 2014.
– Deputación de Pontevedra en materia de estradas do 3 de decembro de 2014.
7. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental fai pública, no DOG do 25 de abril de 2014, a memoria ambiental correspondente á avaliación ambiental estratéxica.
8. Consta contestación á alegación presentada no trámite de información pública.
9. O Concello de Barro, en sesión plenaria do 19 de xuño de 2014, aprobou provisionalmente a modificación puntual número 2 do PXOM.
10. Consta acordo da Comisión Superior de Urbanismo do 17 de setembro de 2014 polo que se emite informe favorable a esta modificación puntual número 2, condicionado a que se solicite informe á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes para que se acredite o cumprimento do artigo 95.2 da LOUG; e acordo do 17 de decembro de 2014 da dita comisión, no cal se toma en consideración o informe do 28 de outubro, do Servizo de Montes de Pontevedra, que cumpre o solicitado anteriormente.
11. O Concello de Barro, en sesión plenaria do 18 de decembro de 2014, aprobou provisionalmente o «Anexo IV. Emenda na documentación da modificación puntual número 2 do PXOM de Barro».
12. A modificación puntual 2 abrangue tres ámbitos localizados nas proximidades do solo urbano de Santo Antoniño, e teñen por obxecto:
– Ámbito 1-Valbón: apertura dunha nova vía e alargamento da existente, coa finalidade de adaptar a actual estrutura viaria aos novos desenvolvementos residenciais, desconxestionando a N-550 ao conectar a capital municipal cos núcleos rurais do oeste.
– Ámbito 2-Outeiro: creación dun novo equipamento público deportivo contiguo co solo urbano de Santo Antoniño, nun ámbito de 63.973,30 m2 de solo rústico de protección forestal que se reclasifica como solo urbanizable delimitado cualificado como sistema xeral de equipamento deportivo, incorporando a ordenación detallada con catro ordenanzas específicas para o ámbito: equipamento, zonas verdes, servizos urbanos e de rede viaria.
O informe da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, do 28 de outubro de 2014, acredita que a zona non presenta ningún interese forestal nin valores naturais significativos que protexer.
– Ámbito 3-Santo Antoniño: reordénase un espazo libre público existente e prevese unha nova parcela de equipamento asistencial público e institucional. Pola súa vez, unifícase a aliñación da N-550.
13. Respecto do interese público exixido á modificación, en atención ao previsto no artigo 94.1 da LOUG estímase que tanto a mellora da ordenación do sistema viario como a incorporación de novos equipamentos e dotacións ao uso e titularidade públicos supoñen razóns suficientes para fundamentar o interese público desta modificación puntual.
14. Polo que respecta ao cumprimento das observacións formuladas no informe previo á aprobación inicial emitido pola SXOTU no 15 de setembro de 2010, púidose comprobar que no documento aprobado provisionalmente polo Concello Pleno do 18 de decembro de 2014, que agora se somete a aprobación definitiva, se incluíron para o efecto todas as determinacións preceptivas sinaladas: no artigo 53.1.e da LOUG, relativas ao sistema de obtención dos terreos; no artigo 60 da LOUG, respecto da estratexia de actuación e estudo económico; do artigo 165 da LOUG, canto á titularidade dos terreos afectados; do artigo 95 da LOUG, canto á obriga de acreditación de perda de valores determinantes da clasificación do solo rústico de protección forestal; e do artigo 57 da LOUG, canto á delimitación dun solo urbanizable.
15. De conformidade co disposto no artigo 95.4 da LOUG, a competencia para a aprobación definitiva das modificacións de planeamento que teñan por obxecto a reclasificación de solo rústico de especial protección corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, logo de informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo que, como se recolle nos antecedentes, foi emitido na súas sesións do 17 de setembro e 17 de decembro de 2014.
Visto canto antecede, de acordo co disposto nos artigos 85.7 e 95.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia; e no artigo 37 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e co informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia do 17 de setembro de 2014 e 17 de decembro de 2014, así como por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil quince,
DISPOÑO:
Artigo único
Aprobar definitivamente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Barro, para os efectos do previsto no artigo 95.2 e 95.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Disposición derradeira. Recursos
Segundo o disposto no artigo 85.11 da citada Lei 9/2002, contra este decreto non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, vinte e nove de xaneiro de dous mil quince
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
