Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 418/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Rodríguez Sarmiento contra Mami Plus, S.L. sobre clasificación profesional, se ditou a seguinte resolución:
Parte dispositiva.
Acordo:
– Ter por desistida a Leticia Rodríguez Sarmiento da súa demanda fronte a Mami Plus, S.L.
– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.
Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación del no procedemento da súa razón.
E para que sirva de notificación en legal forma a Mami Plus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015
A secretaria xudicial
