Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

CÉDULA de citación (631/2014).

Procedemento ordinario 631/2014

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Iván Gregorio García

Avogada: Susana Corujo Canabal

Demandados: Área de Servicios Placeres, S.L., Ancarella Lavado del Automóvil, S.L., Dolores Moledo Crespo, Gedas Gestión y Desarrollo de Áreas de Servicio, S.A., Celestino Estévez Abreu, Raimundo Estévez Moledo, Isaías González García e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Marina García de Evan, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que, por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Iván Gregorio García contra Área de Servicios Placeres, S.L., Ancarella Lavado del Automóvil, S.L., Dolores Moledo Crespo, Gedas Gestión y Desarrollo de Áreas de Servicio, S.A., Celestino Estévez Abreu, Raimundo Estévez Moledo, Isaías González García e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 631/2014, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Ancarella Lavado del Automóvil, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14 de maio de 2015, ás 10.55 e 11.00 horas, na planta -1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Ancarella Lavado del Automóvil, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial