Mariña García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 557/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Manuel Otero Sampedro contra a empresa Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Instituto Social de La Marina, Transpesca, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se achega:
Desestimando a demanda interposta por Manuel Otero Sampedro fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, TXSS, Mutua Galega de Accidentes de Trabajo, Transpesca S.L. absolvo os demandados das pretensións suscitadas contra el.
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco (5) días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da Lei da xurisdición social.
Así o pronuncio, mando e asino.
E para que sirva de notificación en legal forma a Transpesca, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 2015
A secretaria xudicial
