Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 477/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Ogando López contra Automóviles Carlos Piñeiro, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:
Resolución:
1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato e a acción sobre impugnación de despedimento formulada por María Esther Ogando López fronte á empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento e acordo, con data da presente sentenza, a extinción, por instancia da parte demandante, do contrato de traballo existente entre ambas as partes, por causas imputables á empresa e condénoas a que lle aboen solidariamente á parte demandante 59.470,73 euros, en concepto de indemnización.
2º. Todo iso con condena igualmente á empresa a lle aboar á parte demandante as seguintes cantidades:
– 22.565,33 euros por salarios debidos.
– 1.713,30 euros por xuros moratorios.
Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.
Así, por esta sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.
E para que sirva de notificación en legal forma a Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 22 de xaneiro de 2015
O secretario xudicial
