Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO PO (815/2012-F).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 815/2012-F deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Bolaño Gómez, Sabina Calviño Fraga, Manuela García Secardin, Domingo Gómez Castro, José Antonio Mosquera García, Jesús Manuel Pallas Queijas, Juan Peteiro Varela, Jesús David Rodríguez Domínguez contra a empresa Golan, Materiales de Construcción, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza: 36/2015.

Número de autos: 815/2012.

Na cidade da Coruña, 22 de xaneiro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario, entre partes, dunha e como demandante José Bolaño Gómez, Sabina Calviño Fraga, Manuela García Secardin, Domingo Gómez Castro, José Antonio Mosquera García, Jesús Manuel Pallas Queijas, Juan Peteiro Varela, Jesús David Rodríguez Domínguez, que comparecen asistidos do letrado José Antonio Míguez Campos e doutra como demandado Golan Materiales de Construcción, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia estar citado en legal forma.

Decido que admitindo a demanda interposta polos demandantes, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Golan Materiales de Construcción, S.L., a que aboe as seguintes cantidades:

Ao Sr. Bolaño, 14.449,22 euros.

Á Sra. Calviña, 9.755,52 euros.

Á Sra García, 29.938,57 euros.

Ao Sr. Gómez, 22.329,68 euros.

Ao Sr. Mosquera, 13.485,88 euros.

Ao Sr. Pallas, 18.399,87 euros.

Ao Sr. Peteiro, 17.069,70 euros.

Ao Sr. Rodríguez, 20.094,75 euros.

Máis o 10 % de demora respecto das cantidades de natureza salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “Conta de Depósitos e Consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco Santander desta cidade e igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe polo maxistrado xuíz se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Golan Materiales de Construcción, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial