Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6129

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO de notificación de sentenza (384/2011).

Estefanía Ave Prieto, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario nº 384/2011, seguido por instancia de Alfonso García Boente contra Adalberto José Cruz Pavón, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ponteareas, 16 de novembro de 2012.

Vistos por Joaquín Yebra-Pimentel Álvarez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ponteareas, os presentes autos de xuízo ordinario nº 384/2011, sobre reclamación de cantidade, nos cales é demandante Alfonso García Boente, representado polo procurador Anxo Manuel Fernández Saborido, quen foi substituído por Begoña Saborido Ledo, e asistida pola letrada Marta Vázquez Malleiro, que actuaba en substitución de Manuel Iglesias Fernández, e demandado Adalberto José Cruz Pavón, declarado en rebeldía.

(Seguen os antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolvo:

Que, estimando integramente a demanda presentada pola representación de Alfonso García Boente, debo condenar e condeno Adalberto José Cruz Pavón ao pagamento de 16.000 euros máis os xuros mensuais do 10 % pactados e percibidos entre o 22 de xaneiro de 2009 e a data en que se dita a presente resolución. As custas procesuais serán a cargo do demandado.

Notifíquese esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela poderán interpor recurso de apelación no prazo de 20 días contados desde o seguinte á súa notificación».

E encontrándose o devandito demandado, Adalberto José Cruz Pavón, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ponteareas, 9 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial