Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6127

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (436/2014).

Na presente peza civil número 436/2014, dimanante de separación número 379/12 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Estrada, seguido por instancia de Celia González Bernárdez fronte a Jesús Arca Martínez, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados

Manuel Almenar Belenguer

María Begoña Rodríguez González

Jacinto José Pérez Benítez,

Ditou, en nome do rei, a seguinte sentenza número 419

En Pontevedra, 5 de decembro de 2014.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de separación 379/12, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Estrada, aos que correspondeu a peza número 436/2014, en que aparece como parte apelante-demandante: Celia González Bernárdez, representada pola procuradora Cristina María del Río Recouso, e asistido pola letrada Elisa Salinas Márquez, e como parte apelada: Ministerio Fiscal, Jesús Arca Martínez en rebeldía, e é relator o maxistrado Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos

Resolvemos que desestimamos o recurso deducido pola representación procesual Celia González Bernárdez, con íntegra confirmación da sentenza ditada nos autos rexistrados baixo o número 379/2012 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada. Non se efectúa pronunciamento en custas.

Así, por esta a nosa sentenza, da que se levará testemuño á peza da sala e será notificada en legal forma ás partes, con suxeición ao prevido no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Seguen as rúbricas. Certifico.

E encontrándose o dito demandado Jesús Arca Martínez en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto co fin que sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2015

Mª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial