Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6125

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2699/2013 MDM).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 0002699/2013//MDM

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 0000607/2012 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrente: Inversiones Comodín, S.L.

Avogada: María del Carmen Argiz Vilar

Procurador: Juan Antonio Garrido Pardo

Recorrido: Delegación Provincial de Traballo-Pontevedra

Avogado: avogado do Estado

Recorridos: Rosiane de Oliveira Lopoldino, Paula Lorena Xavier Macedo, Nirkis Marlenes Suero, Elvia Critskiv, Rosemary Imafidon, Jaine Oliveira da Silva, Lilian Gómez Durán, Mercedes Altagracia Tavares Beltrán, Nubia Yajahira González Acevedo, Laura Estela Ramírez Calderón, Filadelfia Santana Contreras

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 0002699/2013 desta sección, seguidos por instancia de Inveresiones Comodín, S.L. contra a Inspección Provincial de Traballo de Pontevedra, e Rosiane de Oliveira Leopoldino, Paula Lorena Xavier Macedo, Filadelfia Santana Contreras, Nurkis Marlenes Suero, Elvia Critskiv, Rosemary Imafidon, Jaine Oliveira da Silva, Lilian Gómez Durán, Mercedes Altagrecia Tavares, Nubia Yajahira González e Laura Estela Ramírez, sobre outros dtos. laborais, foi ditada resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dedidimos: desestimar o recurso de suplicación formulado pola letrada Carmen Argiz Vilar, en nome e representación da empresa Inversiones Comodín, S.L., contra a sentenza do vinte e dous de abril de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, no procedemento 607/12, e confirmar a expresada resolución.

Condénase a recorrente ao aboamento de 600 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e o seu orixinal incorporarase ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rosiane de Oliveira Leopoldino, Paula Lorena Xavier Macedo, Filadelfia Santana Contreras, Nurkis Marlenes Suero, Elvia Critskiv, Rosemary Imafidon, Jaine Oliveira da Silva, Lilian Gómez Durán, Mercedes Altagrecia Tavares, Nubia Yajahira González e Laura Estela Ramírez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial