Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2015 Páx. 6083

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xaneiro de 2015 pola que se autoriza, na modalidade a distancia, o bloque común para todas as modalidades deportivas e os bloques común e complementario do ciclo formativo de grao medio de fútbol, no Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas CIP, de Vigo.

Mediante a Orde do 23 de xuño de 2014 autorízase a apertura e funcionamento do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas CIP, de Vigo, para impartir as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Fútbol.

O representante da titularidade do devandito centro solicita autorización para impartir, na modalidade a distancia, o bloque común para todas as modalidades deportivas e os bloques común e complementario do ciclo formativo de grao medio de fútbol.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 24, sinala a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, ben sexa en réxime presencial ou a distancia.

A Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro de 2014, regula os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar na modalidade a distancia, o bloque común para todas as modalidades deportivas e os bloques común e complementario do ciclo formativo de grao medio de fútbol, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

Denominación específica: CIP.

Código do centro: 36024859.

Titular: Centro de Iniciativas Profesionales CIP, S.L.

Domicilio: r/ Brasil, nº 48.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria