Por este edicto faise público, para dar cumprimento ao acordado pola conselleira do Departamento Primeiro da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, por providencia do 21 de xaneiro de 2015, ditada no procedemento de reintegro por alcance A302/2014, do ramo de entidades locais (concello da Coruña), ámbito territorial da provincia da Coruña, que no dito tribunal se segue xuízo como consecuencia dunha serie de irregularidades na xestión urbanística do concello da Coruña, o cal se fai saber coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos constituíndose en forma dentro do prazo de nove días.
Madrid, 21 de xaneiro de 2015
Carlos Cubillo Rodríguez
Letrado secretario
