Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición da disolución practicada en virtude de auto xudicial da entidade Xove Compostelana Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, inscríbese a Resolución de 19 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, pola que se fai pública a inscrición da disolución da entidade Xove Compostelana Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación, practicada en virtude do Auto do Xulgado Mercantil número 1 da Coruña, do 10 de marzo de 2014, recaído no procedemento concursal Sección V, liquidación 0000397/2013, sobre concursos voluntarios, dándose así apertura á fase de liquidación.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña