Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Empresarial Bingos de Galicia (Abiga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar se presentaron certificacións das actas das asembleas xerais extraordinarias, onde se reflicten os acordos acadados o 15 de maio de 2013, 30 de xaneiro de 2014 e 1 de decembro de 2014 respectivamente, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: empresarios que presten ou realicen actividades dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con traballadores ao seu cargo, e reúnan as condicións a que se refire o artigo 3 dos estatutos.

– Asinantes: Juan Carlos Veloso Rodríguez (presidente) e María del Rocío Alarcón Urosa (secretaria).

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social