Procedemento ordinario 58/2014
Demandante: María Saladina Varela Crespo
Avogado: Juan Salvador López Vázquez
Demandado: empresa Leandro Javier Pernas Viña, Fogasa
María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución de data 19 de xaneiro de 2015, dirixida a Javier Pernas Viña, facéndolle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Leandro Javier Pernas Viña, en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 19 de xaneiro de 2015
A secretaria xudicial
