Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2015 Páx. 6289

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (273/2012).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, secretaria xudicial da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza con data do 26 de novembro de 2014, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte e seis de novembro de dous mil catorce.

No recurso de apelación civil número 273/2012, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol en xuízo ordinario número 196/2011, seguido entre partes, como apelantes Belarmino Alves Gil e María del Pilar López López, representados polo procurador Sr. Rodríguez Ramos, como apelados María José Alves Casal, María Ángeles Alves Vélez e María José Fernández Alves, representados pola procuradora Sra. Trillo del Valle, Antonio Alves Casal, Francisco Alves Vélez e herdeiros descoñecidos e incertos de María Rumelia Alves Gil (rebeldes), sendo relator Dámaso Brañas Santa María.

Decisión:

Estimamos o recurso de apelación interposto, revogamos a sentenza apelada, estimamos a demanda, declaramos a validez e eficacia do contrato de vitalicio outorgado o 7 de marzo de 2004 entre os demandantes e María Rumelia Alves Gil, impoñemos á parte demandada as custas de primeira instancia e non facemos especial pronunciamento sobre as causadas polo recurso. Decretamos a restitución do depósito, que levará a cabo o xulgado de procedencia, e a devolución a este das actuacións, con certificación da presente, unha vez firme, ao ser susceptible de recurso de casación e, se é o caso, extraordinario por infracción procesual no prazo de vinte días hábiles contado desde a súa notificación.

Así, por esta sentenza, da cal se levará certificación á peza, xulgando definitivamente en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar as partes declaradas en rebeldía, herdeiros descoñecidos e incertos de María Rumelia Alves Gil, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

A secretaria xudicial