Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6835

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2015, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 17 de outubro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión celebrada o día 12 de febreiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 92, do 15 de maio), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2014 (DOG núm. 119, do 25 de xuño) encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro), de conformidade co disposto na base II.1.1.2:

ACORDOU:

Primeiro. Que superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos), de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria.

Segundo. Desestimar na súa totalidade todas as reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo), para os efectos da exención prevista no cuarto exercicio. Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015

Alfonso Barreiro Filgueira
Presidente do tribunal