Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6837

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

Por Resolución do 26 de agosto de 2014 (DOG nº 179, do 19 de setembro) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e a vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo) e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar o posto de traballo convocado á aspirante que obtivo a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar desertos os postos de supervisor/a de Unidade de Hospitalización de Especialidades Cirúrxicas e de Unidade de Quirófano-Esterilización do Hospital Comarcal de Valdeorras.

Terceiro. A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. A aspirante nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia da interesada.

Unha comisión técnica designada, conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2006, avaliará fundamentalmente o cumprimento dos obxectivos da unidade.

Sexto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 23 de xaneiro de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisora de Unidade de Coidados Intensivos Neonatais e Pediátricos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nome e apelidos: Carmen María Tato Santos.

DNI: 34949181Z.