Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6850

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (527/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 527/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Rego Jorge contra Sucomaga, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza número 532, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 527/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Carlos Rego Jorge, asistido pola letrada Marisol Romero Salgado contra Sucomaga, S.L., que non comparece, Francisco Tomás Martínez Casado como administrador concursal, que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que comparece asistido e representado pola letrada habilitada da avogacía do Estado, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e admito parcialmente a demanda presentada por José Carlos Rego Jorge e, en consecuencia, condeno a Sucomaga, S.L. a pagar ao demandante 54.740,74 euros, dos cales percibirá os xuros do artigo 29.3 do ET cos límites do artigo 59 da lei concursal a suma de 3.658,99 euros. Condeno a administración concursal a estar e pasar pola presente resolución e ao Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas
actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sucomaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou, cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial