Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6789

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios no terceiro cuadrimestre do ano 2014, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2015

Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Convenio

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a Corporación Voz de Galicia para a divulgación de información relacionada coa investigación e o desenvolvemento en Galicia.

120.000

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para o asesoramento e a coordinación das redes e servizos afectados polo dividendo dixital, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

96.800