Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Mércores, 18 de febreiro de 2015 Páx. 6843

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4035/2014).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4035/2014-BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 378/2013 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recurrentes: Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L., Viajes Fisterra, S.L. U.T.E.

Avogado: Francisco José Castiñeiras Martínez

Recurridos: Fogasa, Atlántico Congresos, S.L., Gespalia, S.L., administración concursal Gespalia, S.L. (Concurlex Abogados), María del Carmen Sayáns González, administración concursal Atlántico Congresos, S.L. (Sr. Álvarez Serrano)

Avogadas: Rosa María Vila Amarelle, Leonilda Villar Fernández

Procuradora: María Begoña Caamaño Castiñeira

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4035/2014 desta sección, seguido por instancia de Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L., Viajes Halcón, S.A.U., Monfobus, S.L. e Viajes Fisterra, S.L. U.T.E., Viajes Fisterra, S.L. contra Fogasa, Atlántico Congresos, S.L., Gespalia, S.L., administración concursal de Gespalia, S.L. (Concurlex Abogados), María del Carmen Sayáns González, administración concursal Atlántico Congresos, S.L. (Sr. Álvarez Serrano), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada das empresas codemandadas U.T.E. Halcón Viajes, S.L., Viajes Fisterra, S.L., Monfobus, S.L., Halcón Viajes, S.A., Viajes Fisterra, S.L., Monfobus S.L., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, do 15 de maio de 2014, nestes autos 378/2013, sobre despedimento, seguidos por instancia da demandante María del Carmen Sayáns González, contra as referidas recorrentes, e as empresas tamén demandadas Gespalia, S.L. (en situación de concurso voluntario, sendo o seu administrador Concurlex Abogados, S.L.P.), e Atlántica Congresos, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza. Decrétase a perda dos depósitos necesarios constituídos polas empresas para interpor recurso, ao cal se dará o destino legal, unha vez que adquirise firmeza esta resolución, manténdose o aseguramento prestado. Así mesmo, condénanse en custas as tres empresas recorrentes, que comprenderán os honorarios do letrado do traballador, que impugnou o seu recurso, por importe de 300 euros para cada unha delas (total 900 €).

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gespalia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial