Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Luz María Torres Prieto contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Hotel Las Golondrinas, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 715/2014, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Hotel Las Golondrinas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 24 de febreiro de 2015, ás 10.55 e 11.00 horas, no andar 1, sala 6, Edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador o graduado social colexiado.
E para que sirva de citación a Hotel Las Golondrinas, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
Pontevedra, 4 de febreiro de 2015
A secretaria xudicial