María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 30/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Inversiones Topal, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:
Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Inversiones Topal, S.L. e absolvo esta entidade.
Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.
Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Topal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 3 de febreiro de 2015
A secretaria xudicial