Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7524

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3895/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3895/2014 desta sección, seguido por instancia de Instituto Gestión Sanitaria, S.A.U., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Dolores Piña Rivera contra Fogasa, Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo (A Coruña), Admón. concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Galicia Saudade, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimamos os recursos de suplicación formulados por Dolores Piña Rivera, Eulen e Ingesan contra a sentenza ditada o 17.12.2013, polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en autos nº 1267/2012 sobre despedimento, contra Galicia Saudade, S.L., administración concursal desta, Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A, Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan), Concello de Arteixo, Fogasa e Ministerio Fiscal, resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial