Divorcio contencioso 605/2013
Procedemento orixe:
Sobre divorcio contencioso
Demandante: Enrique Martínez Rodríguez
Procuradora: Ángeles Regueiro Muñoz
Avogada: Jacoba Millán Acosta
Demandada: Alda María Maciel Gómez
Eu, Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento sobre divorcio seguido por instancia de Enrique Martínez Rodríguez fronte a Alda María Maciel Gómez se ditou sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:
Resolvo:
Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Regueiro Muñoz, en nome e representación de Enrique Martínez Rodríguez, asistido da letrada Sra. Millán Acosta, fronte a Alda María Maciel Gómez, maior de idade, sinalada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 13 de xuño de 2008 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 101, páxina 13, do Rexistro Civil desa localidade, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.
En canto sexa firme esta resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.
Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.
Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.
Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna o xuíz que a ditou, en audiencia pública do día da data. Dou fe.
E encontrándose a demandada, Alda María Maciel Gomez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014
A secretaria xudicial