Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8504

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se actualizan os prezos privados que percibirá a Axencia Galega de Innovación polos servizos prestados polo Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía e polo Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos pola prestación de servizos ou pola realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestando tamén tales servizos ou actividades o sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados.

Así mesmo, o artigo 51 da dita lei establece que os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, e publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

A través da presente resolución actualízanse os prezos privados establecidos na Orde do 10 de xuño de 2014 pola que se establecen os prezos privados que percibirá a Axencia Galega de Innovación polos servizos prestados polo Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxia e o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, segundo establece o seu artigo 2, aplicando a variación interanual experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para o conxunto nacional total (IPC, base 2011) no mes de outubro anterior, calculado polo Instituto Nacional de Estatística.

En consecuencia, e para dar cumprimento ao disposto na mencionada orde, esta secretaría xeral

DISPÓN:

Dar publicidade aos prezos privados actualizados exixibles pola Consellería de Economía e Industria, referentes aos servizos prestados ou á realización de actividades polo Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía e polo Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia, efectuadas no ámbito do asesoramento tecnolóxico, da innovación, da investigación e da formación que son sendo os que figuran no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Tarifas da Axencia Galega de Innovación polos servizos no ámbito do asesoramento tecnolóxico, da innovación, da investigación e da formación

Os prezos privados aplicables á hora de traballo do persoal, á hora de uso das súas instalacións e do espazo exterior serán os seguintes:

– Prezo/hora do persoal técnico: 74,93 €/hora.

– Prezo/hora para uso de instalacións:

– Salón de actos: 289,71 €/día ou fracción.

– Salas de formación e técnicas: 49,95 € día ou fracción.

– Alugamento espazo exterior para outras infraestruturas tecnolóxicas: 61,49 € mes/m2.

Outros custos que se repercutirán no solicitante:

1. Os custos pola realización de viaxes, gastos de transporte, axudas de custos, manutención e aloxamento do persoal da Axencia desprazado para a prestación do servizo, que lle serán facturados ao solicitante a razón das cantidades e conceptos seguintes:

– Custo por quilometraxe: 0,19 €/km.

– Custo da manutención completa: 28,21 €/día.

– Aloxamento: 48,92 €/día.

2. Os materiais, produtos consumibles e equipamentos específicos necesarios para a prestación do servizo, cando sexa a Axencia Galega de Innovación quen os proporcione, así como as asistencias externas, facturaranse polo seu prezo e polos gastos que orixinen.