Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8677

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de febreiro de 2015 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia. Por tanto,

DISPOÑO:

Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Antonio Tenreiro 1923-2006. 35 €

Urbanismo en Lugo 1917-1970. Documentos de urbanismo no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. 16 €

Por fin Santiago! 21 €

Vítor Mejuto. Brión Boogie Woogie. 25 €

Fernando Casás: o agora xa foi e o denantes será. 28 €

Domus do Mitreo. 3 €

Domus del Mitreo. 3 €

The Mithraeum Domus. 3 €

Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos. 16 €

Fernando Prieto. Realidade simbólica. 25 €

Les gens du chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer. 20 €

Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia. 10 €

Guía de los Arquivos de la Xunta de Galicia. 10 €

Cadernos de fraseoloxía galega 14. 8,60 €