Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8770

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 890/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 890/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel Ángel López Fandiño contra a empresa Daniel Tizón Rodríguez, con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 890/2012, en que foron parte, dun lado como demandante, Manuel Ángel López Fandiño, asistido polo letrado José María Padín Viaño, e como demandada a empresa Daniel Tizón Rodríguez, que non comparece, con intervención do Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou no nome do rei, a seguinte sentenza

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Manuel Ángel López Fandiño, debo condenar e condeno a empresa Daniel Tizón Rodríguez a que aboe ao demandante a cantidade de 4.412,42 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10 % por mora respecto da cantidade salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Daniel Tizón Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial