Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Aucel (Autoestrada Ourense-Celanova - sociedade concesionaria da Xunta de Galicia).
Domicilio social: r/ Paseo, 25, entresollado, 32003 Ourense.
Denominación: LMT, CT aérea conservación eixe A52-fronteira portuguesa.
Situación: A Manchica- A Merca.
Características técnicas:
LMT aérea a 20 kV de 300 m de lonxitude, e orixe na LMT ao CT 32PBX4 - A Manchica, poste nº 108, e con condutor LA56, e remate no CT proxectado intemperie de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
RBT subterránea de 8 m con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.
Orzamento: 41.957,53 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 23 de decembro de 2014
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
