Despois de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, en representación da empresa Red Eléctrica de España, S.A.U., resultan os seguintes
Antecedentes de feito.
Primeiro. A empresa Red Eléctrica de España, S.A.U. é titular da liña eléctrica de alta tensión (LAT) a 220 kV Mesón-Porto, que une as subestacións de Mesón do Vento e Porto facendo entrada e saída na subestación da Grela, cunha lonxitude de 26.500 m e formada por un treito aéreo, desde a subestación Mesón do Vento ata o apoio 331-bis da primitiva LAT Belesar-A Coruña (expediente 8.815), e outro treito soterrado, desde o dito apoio 331-bis ata a subestación Porto 220/15 kV.
Segundo. Igualmente, a dita empresa é titular da LAT aéreo-soterrada a 220 kV, en simple circuíto, de entrada e saída na subestación de Eirís da LAT Mesón-Porto e cunha lonxitude de 5.937 m (expediente IN407A 2009/296-1).
O 29 de xuño de 2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente e se aprobou o proxecto de execución desta LAT e súa autorización de explotación foi emitida o 21 de outubro de 2014 pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria.
A entrada en funcionamento desta liña eléctrica deixa fóra de servizo o tramo aéreo comprendido entre os apoios N-325 e 331-bis da LAT 220 kV Mesón-Porto, á que se fai referencia no antecedente de feito anterior.
Terceiro. O 3 de decembro de 2014 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou ante a Xefatura Territorial da Coruña a solicitude de autorización para o desmantelamento da LAT 220 kV Mesón-Puerto entre os apoios N-325 e 331-bis, acompañada da seguinte documentación: proxecto de execución, estudo de seguranza e saúde e estudo de xestión de residuos.
Posteriormente, presentou un escrito, asinado polas empresas Unión Fenosa Distribución, S.A. e Red Eléctrica de España, S.A.U., no que se fai constar que estas dúas empresas chegaron a un acordo en virtude do cal Red Eléctrica de España, S.A.U. accede a que a tramitación da citada actuación de desmantelamento sexa realizada por Unión Fenosa Distribución, S.A., e solicita, en consecuencia, que esta última empresa realice as tramitacións correspondentes en nome e representación de Red Eléctrica de España, S.A.U.
Cuarto. Segundo consta no citado proxecto de desmantelamento, o treito da liña para desmontar ten unha lonxitude de 2.349 m, situada entre os apoios N-325 e 331-bis dentro do termo municipal da Coruña, coas seguintes características:
• Condutor: Cóndor LA-455.
• Apoios para desmontar:
|
Apoio |
Tipo |
Función |
Van afectado |
Lonxitude (m) |
|
N-326 |
Drago-2500 K-51 |
AG |
N-325/N-326 |
340,6 |
|
327 |
C |
AL |
N-326/328 |
795,9 |
|
328 |
KC + B |
AC |
328/N-329 |
258,9 |
|
N-329 |
Drago-2500 F-41 |
AG |
N-329/N-330 |
526,9 |
|
N-330 |
Drago-2500 F-41 |
AG |
N-330/331 |
187,3 |
|
331/331-bis |
239,2 |
• Particularidades:
– O apoio N-325 mantense na súa localización actual para realizar o desvío cara á subestación de Eirís.
– Os apoios 331 e 331-bis mantéñense coa finalidade de albergar o circuíto procedente da subestación de Sabón, que actualmente comparte infraestrutura co circuíto que se vai desmantelar.
– Para garantir a seguranza da liña, no van comprendido entre os apoios 331 e 331- bis, procederase á recolocación dos puntos de grampaxe do condutor aéreo sobre o apoio 331-bis, que pasa da actual configuración de dobre circuíto en hexágono a unha configuración simple de circuíto en bandeira, eliminando o circuíto de Mesón e centrando o tiro de condutores do circuíto de Sabón na cabeceira do apoio; deste xeito, non se modifica a traza da liña nin a altura dos condutores.
• Desmontaxe do cable de terra 50-ST1A (AC-50) entre os apoios 325 e 331.
• Desmontaxe do cable de fibra óptica Freespan 64-F entre os apoios 326 e 331.
• Reforzamento do apoio 331-bis de transición aéreo-soterrado para adaptalo ás novas solicitacións mecánicas.
Quinto. O 26 de decembro de 2014 os servizos técnicos da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria emitiron informe favorable, propoñendo a seguir do procedemento administrativo de autorización de peche e desmantelamento do treito comprendido entre os apoios 325 e 331-bis da LAT 220 kV Mesón-Porto.
A respecto do trámite de información pública, no citado informe recóllese literalmente o seguinte: «Unha vez que as modificacións proxectadas non alteran a traza da LAT 220 kV SC subestación Mesón do Vento-subestación Porto, actualmente en funcionamento, nin xeran novas afeccións nin modifican as xa recollidas nos proxectos orixinais e nas resolucións polas que se autorizaron administrativamente e se aprobaron os proxectos de execución dos expedientes nº 8.815 e IN407A 2009/296-1, respectivamente, o enxeñeiro que subscribe considera que se pode entender como cumprido o trámite de información pública nos termos xa formalizados no procedemento que rematou coa emisión das resolucións anteriores».
Fundamentos de dereito.
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas, e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria; no Decreto 116/2014, do 11 de setembro, polo que se modifica o Decreto 110/2013; e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Segundo. De acordo co disposto no artigo 53.5 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, o peche definitivo das instalacións de transporte de enerxía eléctrica requirirá autorización administrativa previa, cuxo procedemento vén regulado nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Terceiro. A retirada da instalación vén recollida no artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, como unha das causas de extinción da servidume de paso establecida para a execución dunha instalación eléctrica.
Cuarto. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, resolve:
1. Autorizar o peche e desmantelamento da LAT 220 kV Mesón-Porto entre os seus apoios N-325 e 331-bis, promovido por Red Eléctrica de España, S.A.U.
2. Extinguir a servidume de paso constituída no treito que se vai desmantelar.
Todo isto de acordo coas seguintes condicións:
Primeira. O desmantelamento que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran na documentación técnica presentada pola empresa promotora (proxecto de execución, estudo de seguranza e saúde e estudo de xestión de residuos) baixo a denominación LAT 220 kV Mesón do Vento-Porto E/S A Grela entre os seus apoios N-325 e 331-bis, asinada polo enxeñeiro industrial Alfonso González Álvaro (colexiado nº 2920 do Colexio Nacional de Enxeñeiros de ICAI) e visado por este colexio, na súa delegación de Galicia, con nº 0446/14 e con data do 12 de novembro de 2014; e no que figura un orzamento de 89.968,52 euros.
Segunda. Durante a execución do proxecto cumpriranse as condicións técnicas e de seguranza dispostas nos regulamentos vixentes que lle sexan de aplicación.
Terceira. O prazo para o desmantelamento que se autoriza será de tres meses, contados a partir da data da última autorización administrativa que sexa necesario obter para a execución dos traballos.
Unha vez rematado este desmantelamento, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de acta de peche ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, quen deberá emitila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.
Cuarta. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.
Quinta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para o desmantelamento autorizado.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas
