Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9704

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 7 de abril de 2014, pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, en que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 14.1 da Orde do 7 de abril de 2014 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas no ano 2014 a entidades xuvenís do ámbito provincial de Lugo, mediante resolución do xefe territorial, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo o establecido na disposición adicional segunda da Orde do 7 de abril de 2014. A relación de subvencións concedidas atópase no anexo desta resolución.

Lugo, 18 de febreiro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

Anexo

Beneficiarios: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións (ámbito provincial).

Aplicación orzamentaria: 11.06.313A.481.0.

Orzamento: 25.000 €.

Entidade

Localidade

Proxecto

Concedido (€)

Asociación Xaquedrum

Lugo

Xaque Mate

4.000

Asociación Ateibo

Lugo

Creando espazos de encontro no tempo de lecer

3.700

Asociación Acapa Show Petapouco

Cospeito

Cultura urbana no rural

4.000

Asociación Síndrome de Down

Lugo

Programa de ocio e tempo de lecer

4.000

Asociación Tir Na N’og

Lugo

O rexurdir do lume

2.020

Asociación Xermolos

Guitiriz

Díaz Castro e o mundo audiovisual

4.000

Asociación Arcodavella

Lugo

Construíndo a nosa casa

1.650

Asociación Novos Chairegos

Vilalba

II Xornadas de Emprendemento e Empresa

1.630