Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9736

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1029/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que con data do 9 de febreiro de 2015 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 93/2015.

A Coruña, 11 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1029/2014 seguidos por instancia de Pedro Temprano Vázquez, representado polo letrado Pedro Naveira Couceiro, contra a empresaria individual Carmen Lamas Domínguez e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre despedimento.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Pedro Temprano Vázquez contra a empresaria individual Carmen Lamas Domínguez e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 13 de setembro de 2014, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data do despedimento, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a empresaria individual Carmen Lamas Domínguez ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 477,61 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Carmen Lamas Domínguez, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial