Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (226/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que con data do 20.11.2014 se ditou sentenza e con data do 30.12.2014 se ditou auto de aclaración do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 20 de novembro de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 226/2014 seguidos por instancia de María del Carmen Lema Montero, asistida pola letrada Margarita Lamela Touzas, contra as empresas Zintura, S.A., representada pola letrada Ana Mª Costoya Novo, Linea Future Avance, S.L., que non comparece, administrador concursal desta última Isaías González García, e Fogasa, que non comparece, sobre despedimento.

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante, condenando a empresa Linea Futurex Avance, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante, e aboe os salarios de tramitación desde a data de despedimento ata a notificación da presente sentenza a razón de 33,07 euros diarios, ou ao aboamento dunha indemnización de 3.092,05 euros. Desta cantidade deberá responder, na súa condición de administrador concursal, Isaías González García.

Así o pronuncio, mando e asino.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Auto.

A Coruña, 30 de decembro de 2014.

Ditouse sentenza no procedemento de referencia, que foi notificada ás partes interesadas, tras o que a parte demandante presenta escrito de corrección de erro material.

Resolvo que procede a corrección do erro material e na sentenza, onde di no feito probado primeiro e no fundamento de dereito quinto unha antigüidade do 2 de febreiro de 2012 en Linea Future Avances, S.L., debe dicir unha antigüidade do 5 de xullo de 1999. Como consecuencia disto, na resolución da sentenza o importe de 3.095,05 euros de indemnización, debe dicir 21.925,45 euros, manténdose íntegro o resto.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso.

Así o dispoño, mando e asino.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Linea Futurex Avance, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 11 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial