Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (508/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 508/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Facal González Helvetia, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza.

A Coruña, 27 de novembro de 2014.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 508/2013, sendo parte no mesmo, dun lado como demandante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada pola letrada Sonsoles Sueiro Lemus e, como demandados, Instituto Nacional da Seguridade Social, representado pola letrada Belén Guerra Díaz e Facal González Helvetia, S.L., que non comparece, sobre responsabilidade empresarial e reintegro de prestacións, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza,

Resolvo.

Que, estimando a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o demandado Facal González Helvetia, S.L., debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa do aboamento dos gastos de asistencia sanitaria e prestacións económicas anticipados pola mutua demandante aos beneficiarios referidos; en consecuencia, condeno a empresa demandada a reintegrar á mutua demandante 2.076,15 €. Considérase que a parte demandante desiste respecto do INSS.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco (5) días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Facal González Helvetia, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial