Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10140

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de febreiro de 2015 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril (DOG do 27 de abril), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia e dispón, no seu artigo 2, a creación de equipos de orientación específicos.

O perfil profesional dos candidatos e das candidatas para desempeñar postos nestes equipos vén determinado polo artigo 5 do citado decreto, e debe responder ao dun profesional con formación e experiencia que lle permita desenvolver as funcións establecidas no artigo 18 da Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo), pola que se establece a organización e o funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998.

Debido á existencia de prazas definitivas vacantes no cadro de persoal dos equipos de orientación específicos, cómpre proceder a realizar a súa oferta pública.

En consecuencia, e en uso da autorización que figura na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Convócase concurso público de méritos para cubrir as prazas dos equipos de orientación específicos, así como as posibles resultas, que se relacionan no anexo I desta orde.

Artigo 2. Concursantes

1. Poderán participar neste concurso o persoal funcionario de carreira do corpo de profesorado de ensino secundario, con destino nos equipos de orientación específicos ou en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que reúnan na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes os requisitos xerais e específicos fixados nos artigos 3 e 4 desta orde.

2. Á praza de audición e linguaxe e ás posibles resultas desta especialidade poderá acceder o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, que posúa a especialidade de audición e linguaxe ou estea habilitado nesta.

Artigo 3. Requisitos xerais

1. Encontrarse en situación de servizo activo, ou servizos especiais, ou excedente por coidado de fillas, fillos e familiares, con destino definitivo ou provisional nos equipos de orientación específicos ou en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sempre que transcorresen ao remate deste curso académico, polo menos, dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

2. Enténdese tamén estar en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia o 31 de agosto de 2015, o persoal docente que, desde un destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, accederon a un posto docente no estranxeiro e que deben incorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.

3. Contar cun mínimo de tres anos de experiencia nunha praza directamente relacionada co posto ao que se aspira (orientación educativa).

4. Os méritos que figuran no anexo III, relativo ao baremo, deberanse reunir na data en que finaliza o prazo de presentación a esta convocatoria, que se establece no punto 1 do artigo 6 desta orde.

5. Presentar o proxecto a que se fai referencia no artigo 5.2.c).

Artigo 4. Requisitos específicos

Poderá solicitar as prazas ofertadas o persoal funcionario de carreira docente no corpo de catedráticos e do corpo de profesorado de ensino secundario da especialidade de orientación educativa. Así mesmo, deberán acreditar a formación que lles permita desenvolver as actividades propias da praza solicitada, tal como establece o punto 2 do artigo 5 do Decreto 120/1998.

Artigo 5. Instancias e documentación

1. Instancias:

a) As persoas participantes no concurso deberán presentar a súa solicitude mediante instancia axustada ao modelo que se publica no anexo II desta convocatoria indicando a orde de preferencia das prazas a que concorre.

b) A citada instancia, así como a documentación a que se alude no punto 2 deste artigo, poderá presentarse en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se presente a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada pola/o funcionaria/o de Correos antes de ser certificada.

2. Á instancia xuntaráselle a seguinte documentación:

a) Folla de alegacións e autobaremación, axustada ao modelo que se publica no anexo IV desta convocatoria.

b) Documentación a que se refire o anexo III desta convocatoria, para acreditar todos os servizos e méritos alegados, así como unha relación numerada, datada e asinada, dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta, agás que se tivesen presentado para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo: www.edu.xunta.es/datospersoais

c) Proxecto de traballo en relación á praza solicitada, cunha extensión máxima de 20 páxinas, tamaño folio, formato DIN-A4, a unha soa cara, a dobre espazo e letra, tipo Arial, a 12 puntos sen comprimir. O proxecto deberá incluír os seguintes puntos: xustificación baseada no contexto, obxectivos, planificación xeral e definición de accións prioritarias, estratexias de intervención e criterios de avaliación.

Na valoración dos proxectos terase en conta o carácter innovador na súa formulación, así como a capacidade para organizar, orientar e dar resposta ás situacións que se poidan atopar no desenvolvemento das funcións xerais e específicas asignadas aos ditos equipos.

No caso de optar a prazas con perfís diferentes, presentaranse os proxectos da especialidade que correspondan.

Os membros dos equipos de orientación específica que concursen a unha praza da mesma especialidade que ocupen actualmente, quedarán exentos da presentación do proxecto de traballo se se acollen á puntuación que lle foi outorgada no momento en que foron seleccionados.

A puntuación neste concurso calcularase en proporción ás puntuacións máximas do proxecto nos dous concursos.

Artigo 6. Prazo de presentación

1. O prazo de presentación de instancias e documentación, incluído o proxecto de traballo sinalado no artigo 5.2.c), será de 30 días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os méritos alegados fóra do prazo de presentación das solicitudes non se terán en conta nin serán valorados.

Artigo 7. Comisión de selección

1. Este concurso será resolto por unha comisión de selección integrada polos seguintes membros:

a) Presidente: o director xeral de Centros e Recursos Humanos, ou persoa en quen delegue.

b) Vogais:

– Un xefe ou xefa de servizo.

– Dous membros da Inspección educativa da especialidade ou coa titulación específica de orientación educativa.

– Un membro dos equipos de orientación específicos.

c) Secretaria/o: unha/un funcionaria/o da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto. Para tal fin, coa debida antelación, deberáselle comunicar o nome da persoa representante ao presidente da comisión de selección.

2. Os membros da comisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, previstas na normativa vixente.

Artigo 8. Selección

1. A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada un dos aspirantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo III. Estas listas publicaranse no enderezo electrónico: http://www.edu.xunta.es

2. As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións contra a lista provisional que coiden convenientes, dirixidas ao presidente da comisión de selección establecida no artigo 7, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no artigo 5.1.b) desta orde.

3. Unha vez estudadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nas epígrafes de méritos e proxecto de traballo na dirección de correo electrónico: http://www.edu.xunta.es

4. No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo, sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nas epígrafes 6, 1, 2 e 5 dese baremo.

Artigo 9. Proposta de nomeamento

1. A relación provisional cos concursantes preseleccionados farase pública na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Establecerase un prazo de dez días naturais, contados a partir da data de publicación, para que as persoas interesadas poidan efectuar as posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente, que se dirixirán ao presidente da comisión de selección.

2. Unha vez resoltas as reclamacións e admitidas as posibles renuncias, a comisión remitiralle ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada unha das persoas candidatas, así como a relación final coas persoas seleccionadas.

Artigo 10. Resolución da convocatoria

1. Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporalle ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación das prazas, que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Contra esa resolución, que esgotará a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro/a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3. As prazas adxudicadas serán con carácter definitivo, polo que as persoas seleccionadas se deberán incorporar con data do 1 de setembro de 2015, cesando no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Artigo 11. Cobertura provisional de prazas

As persoas que obteñan a puntuación mínima no proxecto de traballo e non resulten seleccionadas poderán ser chamadas, por orde de puntuación, para cubrir provisionalmente prazas que queden definitiva ou temporalmente vacantes nos equipos de orientación específicos. Neste caso, desempeñarán a praza en réxime de comisión de servizos, ata a súa provisión definitiva ou ata a reincorporación do seu titular.

Elaborarase unha lista de persoas aspirantes por especialidade.

Artigo 12. Devolución da documentación presentada

As persoas interesadas, ou os seus representantes legais, poderán retirar a documentación achegada para acreditar os méritos alegados, unha vez transcorridos tres meses desde a publicación da resolución definitiva desta convocatoria, e deberán presentarlle a correspondente solicitude ao presidente da comisión de selección.

Disposición derradeira primeira

Autorízase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Prazas nos equipos de orientación específicos

Preferencia

Especialidade

Equipo específico

Nº de prazas

Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

A Coruña

2

Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

Lugo

1

Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

Ourense

1

Trastornos xeneralizados do desenvolvemento

Pontevedra

1

Discapacidade sensorial

A Coruña

1

Discapacidade sensorial

Ourense

1

Discapacidade sensorial

Pontevedra

1

Discapacidades motoras

Lugo

1

Discapacidades motoras

Pontevedra

1

Audición e linguaxe

Ourense

1

Resultas

Especialidade

Equipo específico

Nº de prazas

Todas as especialidades

A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

Resultas que se produzan

ANEXO II

Solicitude de participación no concurso de méritos para cubrir prazas nos equipos de orientación específicos

Datos da/do solicitante

Apelidos:

Nome:

DNI:

Enderezo particular:

Localidade

Concello:

Provincia:

CP:

Tfno. (para recibir sms)

Datos profesionais

Nº rexistro persoal:

Correo electrónico: @edu.xunta.es

Pertencente ao corpo de:

Data de ingreso no corpo:

Código do centro de traballo (8 díxitos):

Tfno.:

Orde de

preferencia

Especialidade

Equipo de orientación específico

Solicita tomar parte no concurso de méritos convocado pola Orde do..... de............ de 2015 e declara baixo a súa responsabilidade ser certos todos os datos que se indican.

En , de de 2015

Data e sinatura do solicitante:

DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANEXO III
Baremo

Conceptos

Valoración

Documentos xustificativos

1. Formación e perfeccionamento.

1.1. Actividades de formación superadas.

Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo ao que pertenza o participante, ás prazas ou postos aos que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecida polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades, non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 6,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado destas expedido pola entidade organizadora no que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

1.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicado no subpunto 1.1.

Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditada. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades, non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 3,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade, no que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro deberase ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

1.3. Por cada especialidade da que sexa titular correspondente ao corpo polo que se concursa e distinta á de ingreso neste, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades previsto no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, 334/2004, do 27 de febreiro e 276/2007, do 23 de febreiro.

(Para os efectos deste subpunto, no caso dos corpos de catedráticos valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores).

1,0000 punto

Fotocopia compulsada da credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa correspondente.

2. Outros méritos formativos:

(Actividades de formación do profesorado que deberán ser organizadas ou homologadas polas administracións educativas ou as universidades).

Fotocopias cotexadas das certificacións acreditativas.

2.1. Actividades relacionadas coa orientación educativa ou coa atención á diversidade.

0,10 por cada 10 horas.

Ata 2,0000 puntos

Fotocopias cotexadas das certificacións acreditativas.

2.2. Actividades relacionadas coas estratexias de intervención, organización e dinámica de grupos, coas tecnoloxías da información e da comunicación, ou con aspectos curriculares, metodolóxicos e de avaliación.

Ata 1,0000 punto

Fotocopias cotexadas das certificacións acreditativas

3. Publicacións.

3.1. Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.


Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas nas que o autor sexa o editor destas.


Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados neste subpunto coas exixencias que así se indican.


Puntuación específica asignable aos méritos baremables por este punto:


a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor ……………………….. ata 1,0000 punto.

– Coautor …….………….….. ata 0,5000 puntos.

– 3 autores………..……….… ata 0,4000 puntos.

– 4 autores ……..……….…... ata 0,3000 puntos.

– 5 autores ………………..…..ata 0,2000 puntos.

– Máis de 5 autores ….….….. ata 0,1000 punto.


b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor ……………………….. ata 0,2000 puntos.

– Coautor ……………………. ata 0,1000 punto.

– 3 ou máis autores …………ata 0,0500 puntos.

Máximo 3 puntos

– No caso de libros, a seguinte documentación:

* Os exemplares correspondentes.

* Certificado da editorial onde conste: título do libro, autor/es, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, ou número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en librarías comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado haberán de xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

– No caso de revistas, a seguinte documentación:
* Os exemplares correspondentes.

* Certificado no que conste: o número de exemplares, lugares de distribución e venda, ou asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, á que pertence a revista, título da publicación, autor/es, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

– No caso de documentos en formato electrónico, para ser valorados deberán ir acompañados por un informe no cal o organismo emisor certifique en que base de datos bibliográfica aparece a publicación. Neste documento indicaranse ademais, os seguintes datos: o título da publicación, autor/es, data da publicación e depósito legal.

4. Méritos académicos:

Para os efectos da súa valoración por este punto, unicamente se terán en conta, os títulos universitarios oficiais con validez no Estado español.

Máximo

3,0000 puntos

4.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios:

4.1.1. Por posuír o título de doutor (1 punto por cada título).

Máximo 2,0000 puntos

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición do titulo ou certificado supletorio da titulación expedida de acordo co previsto, no seu caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13) ou na Orde do 13 de agosto de 2007 (BOE do 21) ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

4.1.2. Polo título universitario oficial de máster distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixan, polo menos, 60 créditos:

1,0000 punto

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos do subpunto 4.1.1.

4.1.3. Polo recoñecemento da suficiencia investigadora, ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.

Este mérito só se valorará cando non se alegue a posesión do título de doutor.

0,1000 puntos

Fotocopia compulsada do

certificado-diploma correspondente.

4.2. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o que se participa, valoraranse da forma seguinte:

4.2.1. Titulacións de grao:

Polo título universitario oficial de grao ou equivalente.

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos do subpunto 3.1.1.

4.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:

Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este punto, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que sexan necesarios superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.

0,25000 puntos

Fotocopia compulsada de todos os títulos que se posúan ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes para a obtención dos ditos títulos ou ciclos.

4.2.3. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este punto, en ningún caso, os estudos desta natureza que sexan necesarios superar (primeiro ciclo, segundo ciclo, ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

As titulacións de solo segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciado, unicamente se valorarán como un segundo ciclo.

0,50000 puntos

5. Antigüidade:

5.1. Cada ano de servizo como funcionaria/funcionario (non se computarán os exixidos como requisito).

(0,2 puntos por ano).

Máximo 3,0000 puntos

5.2. Cada ano de servizo nunha praza directamente relacionada coa orientación.

(0,2 puntos por ano).

Máximo 1,0000 punto

5.3. Por cada ano de servizo no EOE

(0,5 puntos por ano).

Máximo 2,0000 puntos

6. Proxecto de traballo en relación a praza solicitada (puntuación mínima exixida: 5 puntos).

10,0000 puntos

Proxecto segundo as especificacións establecidas no artigo 5.2

ANEXO IV
Folla de autobaremación

Conceptos

Denominación

Nº de horas

Total puntos

1. Formación e perfeccionamento.

1.1. Actividades de formación superadas.

1.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicado no subpunto 1.1.

1.3. Por cada especialidade da que sexa titular.

2. Outros méritos formativos:

2.1. Actividades relacionadas coa orientación educativa ou coa atención á diversidade.

2.2. Actividades relacionadas coas estratexias de intervención, organización e dinámica de grupos, coas tecnoloxías da información e da comunicación, ou con aspectos curriculares, metodolóxicos e de avaliación.

3. Publicacións:

3.1. Publicacións de carácter didáctico e científico obxecto do concurso.

4. Méritos académicos.

4.1.1. Título de doutor.

4.1.2. Título universitario oficial de máster.

4.1.3. Suficiencia investigadora.

4.2. Outras titulacións.

4.2.1. Título de grao.

4.2.2. Titulacións do primeiro ciclo.

4.2.3. Titulacións de segundo ciclo.

5. Antigüidade:

5.1. Anos de servizo como funcionario.

5.2. Anos de servizo nunha praza directamente relacionada coa orientación.

5.3. Anos de servizo no EOE.