Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2015 Páx. 10124

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de febreiro de 2015 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica os artigos 133, 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, aos requisitos para ser candidatos a director/a e ao procedemento de selección. No artigo 135.1 establécese que para a selección das direccións nos centros públicos, as administracións educativas convocarán concurso de méritos e establecerán os criterios obxectivos e o procedemento de selección, así como os criterios de valoración dos méritos do/da candidato/a e do proxecto presentado.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2014-2015 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

A convocatoria axústase ao previsto na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa e aos preceptos que se manteñen vixentes do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I a esta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á dirección

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de activo, o último centro en que se prestou servizos debe ser dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e deberá reunir os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2015.

2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais ou superiores, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b) e c) do punto 1 desta epígrafe.

Terceiro. Solicitudes e documentación

1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt

Lémbrase que, para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es, polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario

Xunto coa solicitude achegarase ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, as previstas nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O proxecto de dirección non excederá 30 folios DIN A4, no tipo de letra Times New Roman, espazo entre liñas: 1,5.

c) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere idónea en interese da súa solicitude.

2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición dos membros do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a Dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.

4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Comisión de Selección

1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá como sede a localidade e o local que decida a súa presidencia, e terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Tres inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Dúas profesoras ou dous profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

d) Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os membros do Consello Escolar. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o/a representante do Claustro de Profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.

3. A representación do Consello Escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

4. En ningún caso, as candidatas ou candidatos á dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.

5. Designaranse suplentes dos membros da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.

6. Aos membros da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A Dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do Claustro e do Consello Escolar na Comisión de Selección á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.

8. A non elección dos representantes do Claustro de Profesores ou do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.

9. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Sexto. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á Dirección non lle permita ao Claustro elixir dous membros de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:

– Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

– Dous inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Un profesor ou profesora do centro elixido polo Claustro de Profesorado.

– Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os seus compoñentes.

Sétimo. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento

1. Unha vez recibidas as solicitudes dirixidas á xefatura territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou o rexeitamento da súa petición.

2. Contra o rexeitamento da solicitude, os aspirantes poderán presentar reclamación ante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde.

4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. Contra as puntuacións outorgadas pola Comisión de Selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

Oitavo. Selección das candidaturas

1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporán como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

3. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

4. Se unha candidata ou candidato resultase seleccionado para dous centros, resultará nomeado no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeado no centro polo que opte e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido a outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Noveno. Recursos

Contra a decisión da Comisión de Selección, en que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo. Nomeamento

1. A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora ou director a persoa proposta pola comisión avaliadora.

2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2015 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a Dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Décimo primeiro. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o Claustro de Profesores e o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Prazas a concurso de directores 2015-2016

Código

Centro

Concello

Provincia

15019323

CEIP Alborada

A Coruña

A Coruña

15004964

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal

A Coruña

A Coruña

15005026

CEIP Sanjurjo de Carricarte

A Coruña

A Coruña

15021792

CEIP Salgado Torres

A Coruña

A Coruña

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

A Coruña

A Coruña

15005336

CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña

A Coruña

15004976

CEIP Curros Enríquez

A Coruña

A Coruña

15000107

CEIP A Maía

Ames

A Coruña

15025220

CEP Plurilingüe de Ventín

Ames

A Coruña

15032807

IES do Milladoiro

Ames

A Coruña

15023041

CEIP de Galán

Arteixo

A Coruña

15027733

IES de Arzúa

Arzúa

A Coruña

15026194

CEIP Plurilingüe A Fraga

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

15032561

CRA de Bergondo

Bergondo

A Coruña

15001124

CEIP Francisco Vales Villamarín

Betanzos

A Coruña

15023341

CEIP Santa María do Castro

Boiro

A Coruña

15027149

CEIP de Cespón

Boiro

A Coruña

15027851

IES A Cachada

Boiro

A Coruña

15023338

IES Praia Barraña

Boiro

A Coruña

15001847

CEIP Plurilingüe de Pedrouzos

Brión

A Coruña

15026352

IES Brión

Brión

A Coruña

15001926

CPI As Revoltas

Cabana de Bergantiños

A Coruña

15002025

CEIP Eladia Mariño

Cabanas

A Coruña

15002086

CEIP de Ponte do Porto

Camariñas

A Coruña

15002050

CEIP O Areal

Camariñas

A Coruña

15023053

CEIP Portofaro

Cambre

A Coruña

15032251

CRA Ponte da Pedra

Carballo

A Coruña

15021524

CEIP A Cristina

Carballo

A Coruña

15021755

IES Cabo Ortegal

Cariño

A Coruña

15011661

CEIP Manuel Fraga Iribarne

Cariño

A Coruña

15002761

CEIP de Carnota

Carnota

A Coruña

15003005

CPI Vicente Otero Valcárcel

Carral

A Coruña

15003054

CEIP Nicolás del Río

Cedeira

A Coruña

15026376

IES Punta Candieira

Cedeira

A Coruña

15003248

CEIP Eugenio López

Cee

A Coruña

15003212

IES Agra de Raíces

Cee

A Coruña

15003534

CEIP da Barqueira

Cerdido

A Coruña

15026480

CRA Novo Mencer

Coristanco

A Coruña

15003807

CEIP de Bormoio-Agualada

Coristanco

A Coruña

15003881

CPI Alcalde Xosé Pichel

Coristanco

A Coruña

15027708

CEIP Ría do Burgo

Culleredo

A Coruña

15032492

CRA de Dodro

Dodro

A Coruña

15021810

CEIP Santa Eulalia de Dumbría

Dumbría

A Coruña

15022981

CEIP de Centieiras

Fene

A Coruña

15006687

IES de Catabois

Ferrol

A Coruña

15024941

CEIP A Laxe

Ferrol

A Coruña

15021834

CEIP Manuel Masdías

Ferrol

A Coruña

15006699

CEIP Recimil

Ferrol

A Coruña

15006663

CEIP Cruceiro de Canido

Ferrol

A Coruña

15007242

CEIP Mar de Fóra

Fisterra

A Coruña

15007621

CPI Cabo da Area

Laxe

A Coruña

15008039

CPI Cernadas de Castro

Lousame

A Coruña

15021861

CEIP Joaquín Rodríguez Otero

Malpica de Bergantiños

A Coruña

15008805

CEIP de Melide número 1

Melide

A Coruña

15027526

CEIP Mestre Pastor Barral

Melide

A Coruña

15023910

CEIP Martagona

Melide

A Coruña

15008817

IES de Melide

Melide

A Coruña

15009071

CPI Castro Baxoi

Miño

A Coruña

15009597

CEIP de Vilarmide

Muxía

A Coruña

15009676

CEIP Virxe da Barca

Muxía

A Coruña

15022310

CEIP A Gándara

Narón

A Coruña

15026455

IES Terra de Trasancos

Narón

A Coruña

15027952

IES Miraflores

Oleiros

A Coruña

15027782

IES nº 1

Ordes

A Coruña

15021780

CEIP Plurilingüe Bragade

Oza-Cesuras

A Coruña

15026406

IES de Ponteceso

Ponteceso

A Coruña

15013291

CEIP Eduardo Pondal

Ponteceso

A Coruña

15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

A Coruña

15025682

IES Fraga do Eume

Pontedeume

A Coruña

15013977

CEIP Santa Irene

Porto do Son

A Coruña

15019359

CEIP Plurilingüe Monte dos Postes

Santiago de Compostela

A Coruña

15027502

CEE Manuel López Navalón

Santiago de Compostela

A Coruña

15015652

CEIP Apóstolo Santiago

Santiago de Compostela

A Coruña

15021883

CEIP de Vite I

Santiago de Compostela

A Coruña

15015676

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago de Compostela

A Coruña

15015998

CEIP Ramón Cabanillas

Santiago de Compostela

A Coruña

15027058

IES As Fontiñas

Santiago de Compostela

A Coruña

15026753

IES A Pontepedriña

Santiago de Compostela

A Coruña

15015861

IES Eduardo Pondal

Santiago de Compostela

A Coruña

15027319

IES de Sar

Santiago de Compostela

A Coruña

15032418

CMUS Profesional de Santiago

Santiago de Compostela

A Coruña

15017041

CEIP A Igrexa-Calo

Teo

A Coruña

15017107

CEIP da Ramallosa

Teo

A Coruña

15026169

CRA de Teo

Teo

A Coruña

15017314

CEIP de Toques

Toques

A Coruña

15021317

CPI Pecalama

Tordoia

A Coruña

15017880

CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz

Touro

A Coruña

15026789

CEIP Baíñas

Vimianzo

A Coruña

15019372

CEIP San Vicenzo

Vimianzo

A Coruña

15026418

IES Terra de Soneira

Vimianzo

A Coruña

27014811

IES Plurilingüe Fontem Albei

A Fonsagrada

Lugo

27009463

CEIP de Bretoña

A Pastoriza

Lugo

27016297

IES Enrique Muruais

A Pontenova

Lugo

27013922

CEIP do Castro de Ouro

Alfoz

Lugo

27016649

IES Alfoz - Valadouro

Alfoz

Lugo

27000897

CEIP Virxe do Corpiño

Begonte

Lugo

27014586

CEIP de Baamonde

Begonte

Lugo

27013958

IES Monte Castelo

Burela

Lugo

27003655

CPI Poeta Uxío Novoneira

Folgoso do Courel

Lugo

27020562

IES de Foz

Foz

Lugo

27006531

IES Lucus Augusti

Lugo

Lugo

27015761

IES Ánxel Fole

Lugo

Lugo

27601509

EPAPU Albeiros

Lugo

Lugo

27007259

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

Lugo

27020801

CEIP de Monterroso

Monterroso

Lugo

27007788

CPI Plurilingüe de Navia de Suarna

Navia de Suarna

Lugo

27012887

CEIP do Vicedo

O Vicedo

Lugo

27009347

CEIP San Miguel

Paradela

Lugo

27011032

CEIP de San Clodio

Ribas de Sil

Lugo

27013326

IES Lois Peña Novo

Vilalba

Lugo

27013648

IES Vilar Ponte

Viveiro

Lugo

27016170

CEIP Plurilingüe Santa Rita

Viveiro

Lugo

32002122

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Boborás

Ourense

32015682

CEIP de Castrelo do Val

Castrelo do Val

Ourense

32006000

CEIP Emilia Pardo Bazán

Leiro

Ourense

32020801

CRA de Monterrei

Monterrei

Ourense

32008033

CEIP Plurilingüe de Luíntra

Nogueira de Ramuín

Ourense

32008173

CEIP de Oímbra

Oímbra

Ourense

32008847

CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Ourense

Ourense

32009165

CEIP As Mercedes

Ourense

Ourense

32008771

CEIP de Prácticas da E.U. Form. Profes. EXB

Ourense

Ourense

32009301

CEIP Plurilingüe de Seixalbo

Ourense

Ourense

32015581

EPAPU de Ourense

Ourense

Ourense

32016273

IES Xesús Ferro Couselo

Ourense

Ourense

32015876

IES Xermán Ancochea Quevedo

A Pobra de Trives

Ourense

32020628

CRA Amencer

Ribadavia

Ourense

32012103

CPI Virxe da Saleta

San Cristovo de Cea

Ourense

32013521

CEIP Princesa de España

Verín

Ourense

32016790

IES Castro de Baronceli

Verín

Ourense

32004830

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

Ourense

32015232

IES Lagoa de Antela

Xinzo de Limia

Ourense

36014921

CEIP de Fontes-Baíña

Baiona

Pontevedra

36019657

IES Primeiro de Marzo

Baiona

Pontevedra

36000341

CEIP Plurilingüe A Pedra

Bueu

Pontevedra

36016127

IES Plurilingüe Aquis Celenis

Caldas de Reis

Pontevedra

36016103

CEIP de Corvillón

Cambados

Pontevedra

36015093

CEIP San Tomé

Cambados

Pontevedra

36000478

CEP Antonio Magariños Pastoriza

Cambados

Pontevedra

36019773

EEI da Pastora

Cambados

Pontevedra

36000685

CEIP Pedro Antonio Cerviño

Campo Lameiro

Pontevedra

36000934

CEIP do Castrillón-Coiro

Cangas

Pontevedra

36001057

CEIP do Hío

Cangas

Pontevedra

36000922

IES María Soliño

Cangas

Pontevedra

36001148

IES da Cañiza

Cañiza, A

Pontevedra

36015101

IES A Cañiza

Cañiza, A

Pontevedra

36001343

CEIP San Xoán Bautista

Cerdedo

Pontevedra

36001665

CEIP de Tenorio

Cotobade

Pontevedra

36002347

CEIP Pérez Viondi

Estrada, A

Pontevedra

36014854

CEIP Plurilingüe de Oca

Estrada, A

Pontevedra

36003111

CEIP Nosa Señora das Dores

Forcarei

Pontevedra

36019323

IES Chano Piñeiro

Forcarei

Pontevedra

36003388

CEIP Doutor Suárez

Fornelos de Montes

Pontevedra

36014672

CEIP Serra-Vincios

Gondomar

Pontevedra

36018100

CEIP As Bizocas

Grove, O

Pontevedra

36003807

CEIP Rosalía de Castro

Grove, O

Pontevedra

36020271

IES Plurilingüe As Bizocas

Grove, O

Pontevedra

36019232

IES Monte da Vila

Grove, O

Pontevedra

36018653

CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo

Guarda, A

Pontevedra

36003959

CEIP Manuel Rodríguez Sinde

Guarda, A

Pontevedra

36004095

CEIP Manuel Rivero

Lalín

Pontevedra

36014970

CEIP Varela Buxán

Lalín

Pontevedra

36004101

CEIP Xesús Golmar

Lalín

Pontevedra

36014611

CEIP A Lama

Lama, A

Pontevedra

36004681

CEIP de Seixo

Marín

Pontevedra

36020295

IES Mestre Landín

Marín

Pontevedra

36004691

CEIP de Coirón-Dena

Meaño

Pontevedra

36015871

CEIP de Meaño-As Covas

Meaño

Pontevedra

36019438

CEIP A Guía

Moaña

Pontevedra

36016590

CEIP de Abelendo

Moaña

Pontevedra

36016607

CEIP de Quintela

Moaña

Pontevedra

36013552

CEIP de Seara

Moaña

Pontevedra

36016796

EEI de Verducedo

Moaña

Pontevedra

36018999

IES As Barxas

Moaña

Pontevedra

36005142

CPI Santa Lucía

Moraña

Pontevedra

36020131

IES de Mos

Mos

Pontevedra

36024756

CEE de Panxón

Nigrán

Pontevedra

36005956

CEIP Carlos Casares

Nigrán

Pontevedra

36015160

EEI As Dunas Panxón

Nigrán

Pontevedra

36015184

IES Escolas Proval

Nigrán

Pontevedra

36007060

CEIP Plurilingüe de Chancelas

Poio

Pontevedra

36007370

CEIP Feliciano Barrera

Ponteareas

Pontevedra

36007539

CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas

Pontevedra

36014520

IES Pedra da Auga

Ponteareas

Pontevedra

36006122

CEIP A Xunqueira número 1

Pontevedra

Pontevedra

36006353

CEIP de Vilaverde-Mourente

Pontevedra

Pontevedra

36006407

CEIP Plurilingüe Froebel

Pontevedra

Pontevedra

36006134

CEIP San Benito de Lérez

Pontevedra

Pontevedra

36019700

CMUS Profesional Manuel Quiroga

Pontevedra

Pontevedra

36019611

CEP Marcos da Portela

Pontevedra

Pontevedra

36019621

ESCO de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Pontevedra

Pontevedra

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

Pontevedra

36016929

CEIP da Cruz-Budiño

Porriño, O

Pontevedra

36016644

CEIP de Laredo

Redondela

Pontevedra

36018410

CEIP Quintela

Redondela

Pontevedra

36007734

IES Mendiño

Redondela

Pontevedra

36016656

IES Pedro Floriani

Redondela

Pontevedra

36013576

CPI Manuel Suárez Marquier

Rosal, O

Pontevedra

36024318

CRA Raíña Aragonta

Salceda de Caselas

Pontevedra

36024070

CRA A Lagoa

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36009032

CEIP de Bandeira

Silleda

Pontevedra

36009172

CPI Manuel Padín Truiteiro

Soutomaior

Pontevedra

36019049

CEIP de Barrantes

Tomiño

Pontevedra

36024045

CRA Mestre Manuel Garcés

Tomiño

Pontevedra

36024161

CRA de Valga

Valga

Pontevedra

36010228

CEIP A Paz

Vigo

Pontevedra

36015068

CEIP Balaídos

Vigo

Pontevedra

36010083

CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

Vigo

Pontevedra

36010137

CEIP da Igrexa-Candeán

Vigo

Pontevedra

36015032

CEIP de Chans-Bembrive

Vigo

Pontevedra

36009974

CEIP de Coutada-Beade

Vigo

Pontevedra

36009998

CEIP de Mosteiro-Bembrive

Vigo

Pontevedra

36010587

CEIP de Sárdoma-Moledo

Vigo

Pontevedra

36010484

CEIP Eduardo Pondal

Vigo

Pontevedra

36010241

CEIP Illas Cíes

Vigo

Pontevedra

36009949

CEIP Javier Sensat

Vigo

Pontevedra

36010538

CEIP Lope de Vega

Vigo

Pontevedra

36010150

CEIP Mestres Goldar

Vigo

Pontevedra

36015366

CEIP O Pombal

Vigo

Pontevedra

36010101

CEIP O Sello

Vigo

Pontevedra

36015354

CEIP Plurilingüe da Carrasqueira

Vigo

Pontevedra

36015241

CEP Celso Emilio Ferreiro

Vigo

Pontevedra

36010711

CEP Dr. Fleming

Vigo

Pontevedra

36014556

CEP Santa Tegra-Teis

Vigo

Pontevedra

36016085

CMUS Superior de Vigo

Vigo

Pontevedra

36018884

EPAPU Berbés

Vigo

Pontevedra

36011798

IES Alexandre Bóveda

Vigo

Pontevedra

36014601

IES Álvaro Cunqueiro

Vigo

Pontevedra

36011567

IES Castelao

Vigo

Pontevedra

36011592

IES Santa Irene

Vigo

Pontevedra

36020374

IES Valadares

Vigo

Pontevedra

36015937

CEIP de Merza

Vila de Cruces

Pontevedra

36012183

CEIP Nosa Señora da Piedade

Vila de Cruces

Pontevedra

36020386

IES Marco do Camballón

Vila de Cruces

Pontevedra

36016991

CEP Plurilingüe de Riomaior

Vilaboa

Pontevedra

36013588

CPI do Toural

Vilaboa

Pontevedra

36016772

CEE de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36012742

CEIP de Vilaxoán

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36015652

CEIP O Piñeiriño

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013096

CEIP de San Bartolomé

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36012985

CEIP de Sestelo-Baión

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36015792

CEIP Xulio Camba

Vilanova de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos).

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da Dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos).

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta

b) Noutros centros

1

0,60

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta

b) Noutros centros

0,50

0,30

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento.

3. Méritos académicos: máximo 1 punto.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para o ingreso no corpo:

0,15

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro, que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento.

6. Servizo activo.

Por estar en situación de servizo activo:

2,00

7. Destino.

Por ter destino definitivo no centro a que se concursa:

2,00

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

missing image file