Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10699

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de marzo de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións

Tribunal titular:

Presidencia: Luis Castedo Ribas, catedrático da área de coñecemento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade da Coruña.

Secretaría: Silvia Negreira Vidal, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Edita de Lorenzo Rodríguez, profesora titular da área de coñecemento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.

– Paula María Camba Loureda, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– Santiago Álvarez González, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia: Álvaro Baaliña Ínsua, profesor titular da área de coñecemento de Máquinas e Motores Térmicos da Universidade da Coruña.

Secretaría: Beatriz Almudena García de Francisco, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Hernán Ovidio Vila Pérez, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– David Piñeiro Esperante, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– José María Lago García, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.