Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10697

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de marzo de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala de arqueólogos/as

Tribunal titular:

Presidencia: Roberto Carlos Pena Puentes, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arqueólogos/as.

Secretaría: Fernando González Abeijón, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Alfredo Seara Carballo, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arqueólogos/as.

– José Manuel Estévez Saá, profesor titular da Universidade da Coruña.

– Laura María González-Dopeso Portela, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia: Alberto González Fernández, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arqueólogos/as.

Secretaría: Mónica Carrera López, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Mª del Mar García Miraz, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

– Eugenio Rodríguez Puentes, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arqueólogos/as.

– Pedro Felipe Pedrouzo Devesa, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.