Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10694

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Psicopedagoxía.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa publicación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 26 de decembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de xaneiro de 2015 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

resolve:

Publicar o plan de estudios conducente á obtención do título de máster universitario en Psicopedagoxía, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 2 de marzo de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudios conducente á obtención do título de máster universitario en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento á cal se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…..……….………………………

Prácticas externas….........……………………...

Traballo fin de máster.........…………………..…

Total……………………………………………….

30

18

6

6

60

3. Especialidades do título:

1. Especialidade en Dificultades de Aprendizaxe e Atención á Diversidade.

2. Especialidade en Orientación Escolar e Sociolaboral.

4. Contido do plan de estudos:

4.1. Materias de carácter obrigatorio.

Materia

Créditos ECTS

Organización temporal

Curso

Inclusión Educativa e Práctica Psicopedagóxica

4,5

1º cuadrimestre

Asesoramento e Desenvolvemento Profesional

4,5

Motivación en Contextos Educativos

4,5

Estratexias de Aprendizaxe e Estudo

4,5

Metodoloxías de Investigación Orientadas á Innovación

3

Estudo de Necesidades e Avaliación de Programas

3

Política e Lexislación Socioeducativa

3

Psicopatoloxía Infanto-Xuvenil

3

Prácticum (prácticas externas)

6

2º cuadrimestre

Traballo fin de máster

6

4.2. Materias de carácter optativo.

O alumnado deberá elixir unha das dúas especialidades e realizar obrigatoriamente os 18 créditos dos que consta a especialidade elixida.

Especialidade

Materia

Créditos ECTS

Organización temporal

Curso

Especialidade en Dificultades de Aprendizaxe e Atención á Diversidade

Necesidades Específicas de Apoio Educativo e Adaptacións Curriculares

4,5

2º cuadrimestre

Recursos Educativos para a Atención á Diversidade

3

Intervención Psicopedagóxica nos Trastornos do Desenvolvemento

4,5

Intervención Psicopedagóxica nas Dificultades de Aprendizaxe

3

Deseño e Interpretación de Probas Diagnósticas

3

Especialidade en Orientación Escolar e Sociolaboral

Titoría, Mentoría e Coaching

4,5

2º cuadrimestre

Orientación Profesional

4,5

Deseño de Plans de Formación

3

Intervención Psicopedagóxica no Medio Familiar

3

Necesidades de Formación no Ámbito Laboral

3

5. Condiciones de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Psicopedagoxía o alumnado deberá superar 60 créditos ECTS distribuídos como se indica no punto 2, unha vez elixida a especialidade.