Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10691

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa publicación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 26 de decembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de xaneiro de 2015 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 2 de marzo de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas pola Universidade da Coruña

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…..……….………………………

Prácticas externas…........………………………

Traballo fin de máster.......………………………

Total………….……………………………………

27

21

6

6

60

3. Especialidades do título:

1. Especialidade en Institucións Escolares.

2. Especialidade en Institucións Socioeducativas.

4. Contido do plan de estudos:

4.1. Materias de carácter obrigatorio.

Materia

Créditos ECTS

Organización temporal

Curso

Liderado e Dirección de Institucións Educativas

4,5

1º cuadrimestre

Convivencia, Mediación e Resolución de Conflitos

4,5

Investigación-Acción e Innovación

4,5

Modelos de Xestión de Calidade

4,5

Tratamento da Información na Xestión e Avaliación das Institucións

4,5

Institucións e Axentes na Comunidade: Acción Socioeducativa na Sociedade Rede

4,5

Prácticum (prácticas externas)

6

2º cuadrimestre

Traballo fin de máster

6

4.2. Materias de carácter optativo.

O alumnado deberá elixir unha das dúas especialidades e realizar obrigatoriamente os 21 créditos dos que consta a especialidade elixida.

Especialidade

Materia

Créditos ECTS

Organización temporal

Curso

Especialidade en Institucións Escolares

Deseño de Proxectos Educativos de Centro

4,5

2º cuadrimestre

Avaliación de Recursos e Materiais Didácticos

4,5

Formación Docente e Comunidades de Aprendizaxe

4,5

Proxectos TIC para a Innovación Educativa

3

Xestión de Recursos Humanos

4,5

Especialidade en Institucións Socioeducativas

Xestión e Innovación das Institucións Socioeducativas

4,5

2º cuadrimestre

Planificación Estratéxica e Cultura Participativa

4,5

Valores, Igualdade e Cultura de la Mediación en Contextos Socioeducativos

4,5

Proxectos e Informes de Investigación

3

Instrumentos para a Avaliación de Programas e Servizos

4,5

5. Condicións de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas o alumnado deberá superar 60 créditos ECTS distribuídos como se indica no punto 2, unha vez elixida a especialidade.