Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle da estrada de Filgueira (Francelos).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 2 marzo de 2015, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o estudo de detalle da estrada de Filgueira, nº 10-12, Francelos, Ribadavia (Ourense), promovido por Juan Francisco Rodríguez Fernández.

En cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle sométese a exposición pública polo prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou na prensa local, para que calquera interesado poida consultalo e formular, se é o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación que integra o estudo de detalle pode consultarse na Secretaría Municipal do concello (praza Maior, nº 4) en horario laboral de luns a venres. Os gastos desta publicación serán por conta do promotor.

Ribadavia, 3 de marzo de 2015

Marcos Blanco Jorge
Alcalde