Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11953

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido erro na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 51, do 16 de marzo de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 10625, anexo V, punto 2º dos criterios de puntuación, onde di:

«Aplícase unha puntuación ponderada e progresiva en función da renda per cápita da unidade familiar, segundo o seguinte cadro, calculada esta como suma dos ingresos da unidade familiar divididos entre o número de membros desta. Os ingresos da unidade familiar serán o resultado da suma dos importes dos recadros 455 e 465 da declaración da Renda do ano 2013. Forman parte da unidade familiar o pai/nai, titor/a legal do alumnado solicitante e tamén os irmáns e/ou irmás solteiros/as e menores de vinte e cinco anos que convivan no domicilio familiar, e os irmáns e/ou irmás maiores de idade incapacitados/as xudicialmente».

Debe dicir:

«Aplícase unha puntuación ponderada e progresiva en función da renda per cápita da unidade familiar, segundo o seguinte cadro, calculada esta como suma dos ingresos da unidade familiar divididos entre o número de membros desta. Os ingresos da unidade familiar serán o resultado da suma dos importes dos recadros 366 e 374 da declaración da Renda do ano 2013. Forman parte da unidade familiar o pai/nai, titor/a legal do alumnado solicitante e tamén os irmáns e/ou irmás solteiros/as e menores de vinte e cinco anos que convivan no domicilio familiar, e os irmáns e/ou irmás maiores de idade incapacitados/as xudicialmente».