Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12101

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2015 do convenio colectivo de traballo para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2015, que subscribiron a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT Galicia e SN de CC.OO. de Galicia do convenio colectivo de traballo para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma, na xuntanza celebrada o 26 de febreiro de 2015, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta da comisión paritaria do convenio colectivo para as empresas
e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en
ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 16.30 horas do día 26 de febreiro de 2015, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas sinaladas abaixo, en presenza de Demetrio Fernández López, presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

– Representación empresarial:

Enrique Blanco Manzano

Ramón González Doniz

Eduardo Quiroga Negreira

Francisco Rodríguez

Yolanda Álvarez Carro

Armando Carballosa Fernández

Álvaro Alonso Fernández

Agustín Capón Moure

– Representación social:

UGT Galicia:

Óscar Vázquez Vázquez

SN de CC.OO. de Galicia:

Roberto Carlos Rodríguez García

Víctor M. Iglesias Pena

David Fernández Cora

O motivo da xuntanza é proceder ao debate, elaboración e aprobación, se procede, das táboas salariais para o ano 2015 do convenio colectivo de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo do oportuno debate e exposición de posturas e pareceres por todas e cada unha das representacións presentes sobre a cuestión obxecto da xuntanza, procede reflectir na acta o seguinte:

Táboa 2015

Categoría

S. B.

P. con.

P. tran.

Noc.

Condutor

1.134,93

45,40

90,79

1,84

Axudante

1.008,44

40,34

90,79

1,63

Padioleiro

945,26

37,81

90,79

1,53

Xefe de equipo

1.114,16

44,57

89,13

1,80

Xefe de tráfico

1.214,59

48,58

97,17

1,96

Oficial administrativo

1.187,22

47,49

94,98

1,92

Auxiliar administrativo

1.013,75

40,55

81,10

1,64

Axudante mecánico

968,02

38,72

77,44

1,57

Mecánico

1.090,46

43,62

87,24

1,76

Chapista

1.050,24

42,01

84,02

1,70

Pintor

1.050,24

42,01

84,02

1,70

Xefe de taller

1.163,93

46,56

93,11

1,88

Telefonista

1.022,82

40,91

81,83

1,65

Médico

1.954,30

78,17

156,34

3,16

DUE

1.479,41

59,18

118,35

2,39

Director de área

1.792,06

71,68

143,36

2,90

Director

1.972,58

78,90

157,81

3,19

2015

Axudas de custo

12,96

Nocturnidade

20 %

Domingos e festivos

13,81

Nadal-Semana Santa

38,24

Dispositivo localización

37,17

Segundo. A Comisión Negociadora acorda delegar en Ignacio Bouzada Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación do presente acordo a través do Regcom.

E non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 17.07 horas do día sinalado no encabezamento e expídese para o efecto esta acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.