Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de reconstrución da fachada oeste e reelaboración da cuberta da igrexa e do mosteiro de San Paio Diomondi, O Saviñao (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro), faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22143

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: reconstrución da fachada oeste e reelaboración da cuberta da igrexa e do mosteiro de San Paio de Diomondi, O Saviñao (Lugo) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 160.333,53 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 4 de marzo de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 9 de marzo de 2015.

c) Contratista: Construcciones Carballeira, S.L.

d) Importe de adxudicación: 157.126,85 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria