Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a una instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/50-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT e CT O Cumial.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

LMT aerosubterránea de 101 m en aéreo con condutor LA 56/54,6 mm2 e 330 m en subterráneo con condutor RHZ1, a 20 kV, con entrada e dúas saídas ao CT proxectado, prefabricado O Cumial, de 250 kVA, R/T 20.000/400-230 V, e orixe na LMT SCV804 e remate na LMT ao CT Hotel Cumial e na LMT ao CT Maniber.

Orzamento: 131.498,26 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 5 de marzo de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense